Foz, 22 de novembro de 2023. A concelleira de Economía e Facenda e segunda tenente de alcalde no Concello de Foz, Inés López Couto, explica que “o Partido Popular esquécese de que durante os peores anos da crise subiu o IBI sen mirar a quen lle afectaba, tanto en rústica coma en urbana, e non o fixo unha vez senón varias con subidas do 10 por cento acumuladas, aínda que iso non servira para que as obras do Concello saíran de mellor calidade: véxanse as goteiras no pavillón de Marzán e as fochancas na Avenida da Mariña, que por certo non se fixo con fondos propios e na que hai que volver a investir debido á súa ineficiencia neste eido”.
Inés López aclara que“obviamente a comparación de 2014 e 2015 con 2024 parece ridícula, contando xa que a inflación acumulada é de máis dun 17,5 por cento, a subida dos salarios do persoal municipal é superior e os servizos non custan o mesmo; xa sabemos que iso ao señor Castiñeira non lle importa, acóllese ao discurso fácil da demagoxia. Debería recordar tamén que grazas ás súas xestións o Concello de Foz ten que asumir un servizo de residencia, que, aínda que necesario pero insuficiente, é responsabilidade da Xunta de Galicia e para o que ten que poñer no seu orzamento 240.000 euros que deben financiar todos os veciños. Os custes das competencias trasladadas pola Xunta ao Concello son do entorno dos 800.000 euros”.
A concelleira de Economía engade: “os veciños saben que os servizos non custan o mesmo que en 2014 e que o Concello lles axudou nos peores momentos da crise, ao revés que o Partido Popular, que lles subiu os impostos nese momento. Se Foz quixese quedar estancado no 2014 continuaría pola senda que o PP marcaba, pero quere avanzar, mellorar, conseguir novas infraestruturas e renovar as antigas e para iso necesita todos os recursos de todas as administracións. Por iso lle pedimos á Xunta que asuma as súas competencias (véxase a residencia, o SAF, as escolas infantís,…) e ao Estado que reforme a lei de financiamento local”.
“Coma sempre, pedímoslle responsabilidade ao señor voceiro da oposición. Mire ao seu redor e baixe da parra, que desde as alturas non se goberna ao pobo”, remata López Couto.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



