A Mariña, 27 de novembro de 2023. A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental ‘Xove, Democracia Nuclear’. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.
A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible grazas ao ámbito de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financiou a emisión deste documental en doce localidades da provincia lucense, e á asociación sociocultural Mariña Patrimonio.
Ao rematar o documental, haberá un coloquio no que participarán o director de ‘Xove, Democracia Nuclear’, o actual alcalde de Xove e mais Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, unha das persoas vinculadas ao nacionalismo galego que aparece no documental e que participou activamente nas mobilizacións.
‘Xove, Democracia Nuclear’ chega á localidade de Xove despois de terse proxectado en Burela, Viveiro, Cervo, Vilalba, Sarria e O Valadouro. Ademais, antes de rematar o ano tamén se proxectará en Barreiros, O Vicedo, Ribadeo e Lugo.
‘Xove, Democracia Nuclear’ forma parte do proxecto a nivel nacional ‘Democracia Nuclear’, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta. Neste sentido, hai uns meses xa se estreou nos cines ‘Coyanza-1975, Democracia Nuclear’, o documental que narra o acontecido na provincia de León en 1975 cando se soubo da intención do Réxime de construír unha central nuclear en Valencia de Don Juan.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



