Barreiros, 7 de novembro de 2023. O próximo 19 de novembro terá lugar a II Ruta BTT A.D. Augas Santas, unha proba non competitiva de bicicleta de montaña organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros e que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores máis.
O evento foi presentado este domingo coa presenza de Marta Castrillón, presidenta do clube organizador, Pablo Castrillón e Diego Carregal, membros da directiva, Dani García, deputado provincial e concelleiro de deportes do Concello de Barreiros, e Manuel Otero, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia.
A proba contará cun percorrido de 34 km. e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de percorrer unha distancia menor, 32 km. superando un desnivel de +900 m. A presidenta da asociación deportiva sinala que “As dúas opcións quedan a elección do participante segundo o seu estado de forma, a dificultade técnica que prefira e as condicións meteorolóxicas que se presenten no propio día da proba”. Marta Castrillón destacou tamén que “este ano fixemos algunha modificación no percorrido para reducir súa dureza e facelo máis ciclable pero sen afastarse do entorno natural que temos en Barreiros”.
A saída terá lugar na pista de pádel en San Miguel de Reinante, onde se recollerán tamén os dorsais e os agasallos por participar. O aparcadoiro e as duchas, para despois da ruta, será no campo de fútbol de As Valgas, tendo a posibilidade tamén de lavar as bicicletas alí mesmo. Ao remate haberá un pincheo para tódolos participantes.
As inscricións continúan abertas ata o 15 de novembro na páxina web championchipnorte (ccnorte.com)
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

