Ao longo da mañá, axentes da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica e das Policías Locais afondarán entre outras cuestións en aspectos legais relacionadas cos dispositivos de control telemático, que en Galicia protexen a 230 mulleres dos seus agresores
Lugo, 7 de novembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este martes no Pazo de San Marcos a V Xornada de Formación a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre violencia de xénero, xunto ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. O encontro, centrado na Protección das vítimas, dispositivos de control telemático de medidas e penas de illamento. Dificultades e solucións, reúne a máis de 150 axentes das policías Nacional, Autonómica e Locais e da Garda Civil das catro provincias galegas.
A institución colabora coa organización da acción formativa, que corre a cargo da Delegación do Goberno dentro dos actos conmemorativos do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. “Para nós é unha satisfacción acoller nesta sede da institución provincial un encontro tan relevante para seguir avanzando e mellorando na loita contra a violencia machista, un obxectivo prioritario co que estamos plenamente comprometidos”, subliñou o Presidente.
Unha xornada, engadiu José Tomé, que “contribúe a manter a aposta de formación permanente que converte ás nosas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nun colectivo profesional, preparado e capaz de facer fronte a todo tipo de situacións, algunhas tan complexas como as que se producen ao redor da violencia de xénero”. “Co seu traballo de investigación, coas unidades centradas na atención de mulleres e menores ou coas charlas en centros educativos para axudar a erradicar os comportamentos machistas, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cumpren un papel clave na loita contra o delito, na prevención, e tamén no traballo que todos e todas temos que facer para construír unha sociedade igualitaria e xusta, sen violencia machista”.
Así mesmo, amosouse firme contra esta lacra porque “a realidade da violencia contra a muller é terrible. Mentres haxa una soa muller maltratada, asasinada, vítima de calquera tipo de violencia, será terrible. Pero, sen dúbida, xornadas como esta son un paso máis no bo camiño. Un camiño que recibiu un impulso renovado a partir do compromiso expresado polo Goberno a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, unha ferramenta que nos permite ao conxunto das administracións públicas coordinarnos e desenvolver estratexias conxuntas”.
Colaboración institucional, “a mellor forma de prestar un servizo útil á cidadanía”
O Presidente destacou que a xornada celebrada hoxe é “un exemplo máis da sintonía e da colaboración aberta e leal que mantemos a Deputación, o Goberno de España e o Concello de Lugo para sacar adiante medidas e proxectos positivos para a cidadanía. A colaboración institucional, de feito, é a mellor forma de prestar un servicio realmente útil á cidadanía”.
“Unha colaboración para impulsar proxectos e investimentos para a nosa provincia, que outros meteran nun caixón, recuperando así o protagonismo de Lugo na axenda política do noso país, pero tamén, e non menos importante, como centro de debate en torno a temas de interese prioritario e global, como o que aborda esta xornada”, incidiu.
O mandatario provincial coincidiu nas súas palabras co Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, quen insistiu esta mañá na importancia da coordinación entre administracións, xustiza e forzas de seguridade para facer efectivas as medidas de protección das vítimas da violencia de xénero. Pedro Blanco puxo de relevo os avances normativos e tecnolóxicos e o incremento de fondos que realizou estes anos o Goberno central grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O Delegado lembrou que 230 mulleres viven hoxe en Galicia cun dispositivo deste tipo, ás que se suman outras 700 que dispoñen dunha atención telefónica e de localización 24 horas a través do servizo Atenpro. Nas súas palabras, destacou que estas medidas de protección “son ferramentas fundamentais na batalla que libramos contra a violencia de xénero, por iso é importantísimo que cada persoa implicada coñeza ben estas armas e as saiba utilizar”.
Advertiu o Delegado que nestes momentos en Galicia hai 4.700 casos activos no sistema Viogen, “4.700 mulleres que non poden vivir tranquilas, que teñen medo e que ven as súas vidas ameazadas”, e engadiu que “a nosa responsabilidade e a nosa tarefa é xestionar adecuadamente este conxunto de elementos para darlles seguridade e protección”, subliñou.
Pola súa parte, a Alcaldesa de Lugo reivindicou a necesidade de promover políticas activas para combater esta lacra, como veñen facendo de forma determinante os gobernos socialistas no Goberno de España, onde os executivos de Rodríguez Zapatero e Pedro Sánchez acadaron os avances máis significativos da democracia nesta loita, ao tempo que melloraron a protección das vítimas.
“Sen unha lexislación adecuada e unha dotación de recursos económicos acorde, a efectividade do traballo policial na rúa non sería posible”, sinalou a rexedora, quen destacou que o Goberno local leva anos realizando un importante traballo educativo e de concienciación coa mocidade. “As novas tecnoloxías supoñen unha nova canle de difusión da violencia, peor tamén unha oportunidade para aportar a axuda desde as administracións públicas e as forzas e corpos de seguridade”, concluíu.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



