O Pescados Rubén Burela FS consegue 2/2 nesta segunda xornada do campionato ante o campión da liga portuguesa
Burela, 20 de decembro, 2023. Continúa a FutsalWEC (Friendly Edition) esta tarde de mércores ás 18.00h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. Nesta segunda xornada de campionato abre a quenda de partidos a esperado SL Benfica – Pescados Rubén Burela FS, un encontro que xa se prevía moi igualado, e que cumpriu as espectativas, debido ao alto nivel de ambos os conxuntos, sendo os dous favoritos para levar o torneo. Un torneo no que, en colaboración coa Cruz Vermella, se está levando a cabo unha recollida de xoguetes e alimentos para os que máis o precisan: “Champions Solidaria”
Na primeira parte vivimos 20 minutos con moito ritmo por parte de ambos os equipos, estando no minuto 5 o Benfica xa con 4 faltas e o Burela con 1. No minuto 7 o primeiro paradón de Caridad tras unha caída e perda de balón de Emilly case na liña da área do seu campo e segundos despois chega o primeiro gol, do Benfica, cun zurdazo de Raquel Santos á escuadra tras un saque de esquina. Pouco despois Emilly xera unha dobre oportunidade que saca a porteira portuguesa. Chega o empate no minuto 9 cun remate de Emilly tras un centro de Irene Samper desde a liña de fondo. Gran partido das dúas porteiras, Ana Catarina e Caridad, no minuto 11 Noelia case adianta o marcador cun disparo frontal que saca a porteira rival por encima do traveseiro. O encontro mantense 1-1 e con moita presión por parte dos dous conxuntos ata o descanso.
No segundo tempo continúa a tensión e vivimos 20 minutos de máxima intensidade. No minuto 22 dispara Dany a porta e desvía o balón Ana Catarina por encima do traveseiro a córner. No minuto 25 Emilly fusila tras apoiarse en Patricia conseguindo adiantar o marcador do seu equipo, 2-1. E no minuto 34 Irene Samper remata o partido tras un roubo a presión de Emilly e pase de Patricia. Nos últimos minutos de partido vivimos grandes momentos de tensión, a nosa capitá Dany é asistida e levada ao hospital en ambulancia tras un golpe na cabeza, alegrámonos de que estea ben e esperamos que se recupere canto antes. Pouco despois chega a expulsión de Alex Pinto e Fifó por dobre amarela, no minuto 37. No mesmo momento comeza a presionar o Benfica con xogo de cinco, con Maria como porteira xogadora, pero non logra bater a defensa do mellor equipo do mundo, as nosas Campioas de Todo.
Mañá máis e mellor en Vista Alegre, no último cruzamento do campionato, no que o Pescados Rubén Burela FS se enfrontará ao italiano Bitonto C5 Femminile nun encontro que promete moito nivel e competitividade.
Todos os partidos poden verse en directo por streaming (prepartido, partido e postpartido) a través desta ligazón (Locutados polo noso habitual Miguel Albo, coa especial colaboración de David Rial, adestrador do equipo masculino do Peixes Rubén Burela FS. Tamén lles acompaña Joaquín Vázquez): futsalwec.com/directo/
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – SL Benfica
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Dany, Cami, Irene Samper, Emilly -quinteto inicial-, Cilene, Antía Pérez, Aroa, Rafinha, Noelia Montoro, Patricia, Jozi Oliveira. Entrenador: Julio Delgado.
SL Benfica (1): Ana Catarina; Inês, Maria, Janice, Fifó -cinco inicial-, Dricas, Sara, Xana, Matos, Leninha, Jé, Raquel, Marta, Mariana.
Goles: 0-1, min.7: Raquel. 1-1, min.9: Emilly. 2-1, min.25: Emilly. 3-1, min.34: Irene Samper.
Árbitros: Noya Pardo, Sobral Moreno, González Pardal, Varela Rivas
TA: Antía Pérez, Rafinha, Janice, Jé, Fifó (AA), Francisco Ribeiro, Alex Pinto (AA)
TR: Fifó (AA), Alex Pinto (AA)

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



