Lugo, 4 de decembro de 2023. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García participaron esta mañá na presentación do Futsal Women’s European Champions, que se xogará o 18 ao 22 de decembro en Burela
A competición reunirá as campioas de España, Portugal, Italia e Países Baixos, convertendo Burela nun referente do fútbol sala a nivel mundial, como se sinalou no acto de presentación celebrado esta mañá no Hotel Nordés, no que participaron o presidente do club mariñao, Manuel Blanco, así como representantes municipais, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Fútbol.
Efrén Castro destacou “o papel referencial que o Burela FS está a desenvolver no avance do deporte feminino en todos os ámbitos, desde o deportivo ao social” e co que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaboramos como principal patrocinador institucional”
O vicepresidente da Deputación incidiu “na necesidade de que os organismos do fútbol impulsen a inclusión da competición no calendario oficial, da mesma forma que as ligas e campionatos europeos que disputan os equipos masculinos, para seguir avanzando na profesionalización e na igualdade efectiva no deporte”
O vicepresidente da Deputación animou a todas as persoas afeccionadas ao deporte a achegarse a Burela nestas datas para disfrutar do mellor fútbol sala do mundo e respaldar o deporte feminino”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



