Será o venres 22 ás 20:00h no auditorio municipal Pascual Veiga con Entrada libre, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, coas voces de Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo. Interpretan poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral.
Concerto-presentación en Mondoñedo do proxecto ‘Na casa deles’