Ribadeo, 12 de decembro de 2023. O alcalde, Daniel Vega, fai unha valoración positiva da acollida que están a ter a pista de xeo e RibaXogo e do éxito acadado polo Festival de Jazz&Blues. E convida a disfrutar da ampla programación deseñada para as festas de Nadal e pensada para todos os públicos.
O rexedor subliñou que “Ribadeo está de moda tamén no Nadal. Rúas cheas de xente foi o que se puido ver durante esta pasada ponte. Estamos sendo visitados este Nadal dende todos os puntos do mapa español. Énchenos de ledicia, pero tamén de responsabilidade: debemos organizar todas as actividades coa máxima esixencia. Somos un pobo referente, altamente turístico, e debemos presentar as actividades ben programadas e de nivel”.
Vega dixo que “organizamos todo o que se puido, é difícil observar un concello cunha programación de Nadal tan abundante, de tanto nivel. E iso non o dicimos nós senón que o están comentando por todos os sitios. Creo que se organizou coa máxima responsabilidade, e iso é grazas a Acisa, grazas aos técnicos do Concello e grazas á colaboración de todos os veciños de Ribadeo, que estamos traballando conxuntamente, entre todos, como sempre dicimos”.
O alcalde indicou que “este Nadal viviu esa primeira parte do 1 ao 10 deste mes. E agora empezamos a segunda parte, dende o día 16 ata a Cabalgata de Reis. O 16 imos ter o festival da Escola Municipal de Música no auditorio Hernán Naval. O día 17 de catro e media a sete e media da tarde vai haber xogos infantís no pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño. O coro Sagrado Corazón estará cos nosos maiores e visitará o 18 o centro de día e o 21 a nosa residencia. O 23 vai haber por primeira vez un musical en Nadal, La gran aventura de los Reyes Magos, no auditorio Hernán Naval ás cinco da tarde; e ás 20:45 horas o xa tradicional festival de panxoliñas na igrexa parroquial de Ribadeo”.
Dani Vega seguiu a relatar que “os días 26 e 27 temos o Cine de Nadal en Cinelandia e o 29 ás 12:00 horas hai a Marcha Interxeracional San Silvestre Máis metros, máis posiblidades, eses metros interxeracionais pola accesibilidade e a inclusión; creo que é unha actividade chea de responsabilidade, cunha entrega absoluta e tamén para renderlle homenaxe a todos os nosos maiores. E despois, ás 20:00 horas, empeza a festa pre fin de ano e noite de versións na carpa situada no Cantón dos Moreno. Ás 20:30 hai o concerto Aquí como en Viena no auditorio Hernán Naval e a noite pre fin de ano seguirá e ás doce convido a todo o mundo a participar tomando as uvas conxuntamente, que eu creo que é algo importante, que nos propuxo a asociación Catro Canos, que organizan tan ben as actividades, unha delas o Vendaval Fest, que é un referente sen lugar a dúbidas xa do mapa de festivais que temos na comarca, na provincia e en Galicia, polo que hai que felicitalos e sentímonos moi orgullosos de ter persoas coma vosoutros”.
O rexedor contou que “temos tamén o día 31 a carreira San Silvestre; o 3 de xaneiro, as actividades do programa Preto de ti, coa visita do Paxe Real en Cedofeita. Ademais hai o concerto de Reis, con Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial o día 4. O 5 terá lugar a gran Cabalgata dos Reis e o día 13 o concerto de Reis con Emilio Rúa acompañado do coro Sagrado Corazón, tamén na igrexa parroquial. Ademais seguimos co Ribaxogo, coa pista de xeo e con todas estas actividades culturais e musicais”.
Para Daniel Vega “estamos sendo un referente no Nadal, estamos traballando para facer estas actividades coa máxima responsabilidade e pensando en todos: nos maiores, nas persoas que queren participar deses eventos culturais como o festival de jazz e blues, que foi un gran éxito e agradecémoslle aos organizadores todo ese traballo conxuntamente co Concello e a Xunta de Galicia; e pensando tamén nos máis pequerrechos e nas familias, porque a pista de xeo e Ribaxogo tamén se están convertendo nun referente dende Oviedo ata practicamente Coruña porque non hai pista de xeo nin na capital da provincia”.
E engadiu: “creo que Ribadeo está facendo as cousas con moito sentido, como moita responsabilidade e realizando unha programación para todos os públicos”.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



