Gueimunde tivo palabras agarimosas para as máis de 100 persoas que a arrouparon, así como para “o noso veciño, Jaime de Olano, a quen lle desexo moitos acertos e lle pido que continúe velando polos intereses do noso pobo e da Mariña”
Viveiro, 2 de decembro de 2023. O PP viveirense conta dende hoxe cunha nova directiva que está liderada por Mariña Gueimunde. Desde xeito, a popular asume a presidencia da agrupación municipal “para traballar e poñer coto ao desgoberno que temos”. Visiblemente emocionada, e coa enerxía que a caracteriza, Gueimunde considera que “polo que nos teñen que identificar é polo traballo, a sensatez, e a humildade”; valores que, engadiu, “están no ADN do PP e neste equipo que hoxe arranca”.
“O reto é ilusionante. Por traballo non vai quedar. Viveiro está peor ca nunca: axudas que se perden, instalacións deportivas que se caen ou con goteiras, facturas que non se pagan e algunhas das que se pagan ben poderían destinarse a servizos públicos e non á propaganda do PSOE e dunha alcaldesa que fai de todo, menos xestionar os recursos que temos”, apuntou.
Por este motivo, expuxo: “temos compromiso e temos un verdadeiro proxecto e cidade, tal e como levamos no noso programa electoral. O que nos queda é traballo, traballo e traballo”, remarcou.
Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, puxo en valor “o tesón” da nova presidenta, destacando que “non me cabe a menor dúbida de que Viveiro está nas mellores mans”. A este respecto, tanto Gueimunde como a máxima dirixente dos populares lucenses tiveron palabras de agradecemento para o equipo saínte. “Se o PP de Viveiro está forte e unido tamén é pola súa entrega e xenerosidade política”, afirmou Candia. E é que, segundo sinalou Gueimunde, “este proxecto non se entendería sen os que nos precederon. A todos eles lle quero expresar o meu agradecemento publicamente”, matizou.
EQUIPO COMPROMETIDO
“Sigo confiando no groso da lista electoral que hai tan só seis meses me acompañaron e con quen conseguimos gañar as eleccións do 28 de maio”. Tal é así que a nova dirección está reforzadas por “incondicionais do Partido e ex concelleiros que se quixeron sumar a este proxecto, o difícil proxecto de facer oposición”, continuou.
A nova dirección estará formada, ademais de pola presidenta elixida, por Martín Vale Cobo (vicepresidente), Sary Ventura Fernández (secretaria), e Erea Rivera Vázquez (vicesecretaria). 12 Coordinadores: Virginia Fernández Lage (Educación e Cultura), Inma Nespereira Domínguez (Deporte), José Soto Martínez (medio rural), Pablo Varela Sánchez (saúde e benestar social), Domingo González López (hostalería, turismo e comercio), Alejandro González López (economía e industria), Francisco Cora Fernández (mar), Vicente Vázquez Chao (obras e medio ambiente), Cristina García Lage (muller e xuventude), Javier Illán Álvarez (prensa e comunicación), Saray Ventura Fernández (redes sociais) e Inés Castro Ruíz (servizos informáticos). 17 Vogais: María Luisa Alonso Vilasuso, Camilo Arias Rial, Eva Castro Ruiz, María José Dablanca Ferreño, Laura Díaz Lamela, Luis Vicente Fernández Osorio, Marta García López, Jorge Gómez Santos, Elena González Eijo, Verónica Mantilla Rodríguez, Carlos Martínez Fernández, José Darío Paz Veiga, Regina Pigueiras Dominguez, Francisco Rivas Cao, Francisco Rivera Trobo, Claudia Esperanza Romero Ramírez e Gabriel Timiraos Delgado. Gueimunde tamén integra no seu equipo aos 8 membros de NNXX: Sofía García Trigo, Cristina García Lage, Jorge Gómez Santos, Alejandro González López, Claudia Prieto Sapena, Gabriel Timiraos Delgado, Pablo Varela Sanchéz e Ventura Fernández. Membros natos son todos os concelleiros e o deputado no Congreso, Jaime de Olano. Presidente de honra: César Aja.
ARROUPADA ORGANICAMENTE E AGRADECEMENTO AOS SEUS VECIÑOS
Mariña Gueimunde estivo arroupada pola dirección provincial, representada por Elena Candia e José Manuel Balseiro, así como polos recentemente nomeados vicevoceiros do Senado e do Congreso, José Manuel Barreiro e o viveirense Jaime de Olano, respectivamente; polos deputados na Cámara Baixa, Francisco Conde e Cristina Abades; deputados autonómicos e provincias; o responsable do Mar do Goberno galego, Alfonso Villares; o representante da administración autonómica en Lugo, Javier Arias; e alcaldes e voceiros de concellos limítrofes.
Tal é así que Mariña Gueimunde agradeceu “o apoio de todos” e, dun xeito agarimoso, o dos viveirenses que este serán se deron cita no complexo Las Sirenas e tamén “o do noso veciño, Jaime de Olano, a quen lle desexo moitos acertos e lle pido que continúe velando polos intereses do noso pobo e da Mariña”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



