Representantes da veciñanza foron recibidos polo xerente do SERGAS, Ramón Ares
A Fonsagrada, 11 de decembro de 2023. O BNG convocou hoxe, luns 11 de decembro, unha caravana de coches dende A Fonsagrada ata o Hula pola defensa da sanidade pública da comarca. Na concentración participaron ducias de coches que partiron dende A Fonsagrada ás 10 da maña, nela participaron á veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada. En Lugo eran agardados polo vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, a deputada Iria Castro e polos concelleiros Alex Penas e Maite Ferreiro
María del Amor, responsábel local do BNG na Fonsagrada, explicou que na actualidade o Centro de Saúde da vila conta a día de hoxe só con 2 médicas que atenden á veciñanza da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, preto de 4.000 persoas cunha media de idade moi avanzada. “A Xunta intenta facer na Fonsagrada o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou María del Amor.
O Xerente do SERGAS non deu ningunha solución á veciñanza pois, segundo el non hai médicos e, a día de hoxe non se vai repoñer nin a praza que se sacou que cubría Negueira de Muñiz e Fonsagrada, nin a praza da persoa que se xubila a finais deste ano.
“Tras anos sen asumir as demandas da xente da Fonsagrada e facilitar os servizos de matrona ou fisioterapia hoxe dicesenos que a solución e darlle á poboación a opción de desprazarse a Becerreá ou a Lugo, ou sexa temos que desprazarnos SI ou SI”, afirmou a responsábel local.
A veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada van seguir coas súas protestas ata que o SERGAS dea unha solución a este desmantelamento da sanidade na comarca


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



