Rosana Pérez reclama a creación dun comité de crisis entre Xunta, sector e científicos para estudar as causas da baixa produtividade das rías e adoptar medidas eficaces contra un “problema económico e social de primeira orde”
Santiago de Compostela, 10 de decembro, 2023. O BNG solicitará a comparecencia no vindeiro Pleno do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, para que dea conta das actuacións da Xunta diante do “problema produtivo, económico e social de primeira orde” que está a supor a perda de produtividade das rías galegas para o sector do mar e, especialmente, para o marisqueo.
Así o anunciou a deputada Rosana Pérez, que vén de reclamar ademais ao Goberno galego que “saia da parálise na que se atopa” e tome medidas con carácter de urxencia ante a “situación de emerxencia” que se está a vivir no sector, exercendo as súas competencias que, lembrou, son exclusivas no que se refire ao marisqueo.
“A situación é absolutamente extraordinaria e por iso é preciso tomar medidas extraordinarias”, advertiu a deputada nacionalista, que xa adiantou que o BNG vai propoñer no Parlamento o establecemento con carácter de urxencia dun fondo específico de axudas tanto para as persoas traballadoras como para as confrarías afectadas pola baixa produtividade das rías do País. Unha perda de produción que, tal e como denuncia o sector, se vén detectando de maneira continuada dende hai anos e se veu agravada agora polos episodios de mortaldade masiva de bivalvos rexistrados entre os meses de outubro e novembro.
Ante a gravidade do que está acontecendo nun sector que é vital para a economía galega, o BNG proporá ademais a creación inmediata dun comité de crisis no que, ademais do propio goberno galego participen representantes do marisqueo, de institutos científicos e das universidades, co obxectivo de estudar en profundidade as causas da baixa produtividade e coñecer con exactitude por que están a morrer os bivalvos -sobre todo berberecho e ameixa, pero non só-.
A partir de aí, explicou Rosana Pérez, a proposta do BNG pasa por elaborar un plan plurianual con medidas eficaces para poñer freo a unha situación que, asegurou, “xa é insostible” e está poñendo ao sector “contra as cordas”, até o punto de que hai traballadores que están optando por abandonar o sector ou sobreviven sen cobertura social.
A deputada do BNG xa defendeu no pasado pleno unha moción cunha batería de propostas, entre as que se incluían, ademais das axudas inmediatas ao sector e a realización de estudos científicos, un protocolo para o baleirado dos encoros, intensificar as actuacións para o saneamento das rías, o apoio a criadeiros de semente propia, a creación dun seguro público de produción marisqueira que garanta uns ingresos dignos ás mariscadoras e os mariscadores, o control na introdución de especies mariñas foráneas e depredadoras ou o estrito control sanitario do marisco importado.
Rosana Pérez criticou que a Consellería do Mar manexa uns orzamentos que “son cada vez máis raquíticos” , cun “escasísimo” aumento do 1,2 % do ano pasado a este e cunha execución que é das máis baixas do conxunto de departamentos da Xunta. No 2022, detallou, deixáronse sen executar 47 millóns dun total de 194 -case unha cuarta parte do total- e reducíronse partidas e programas principais que permitirían intervir nos bancos marisqueiros.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



