As axudas de 2023 convocadas en abril non se resolveron ata o 20 de novembro e, tendo en conta que o prazo de execución remata o 31 de decembro, “as asociacións que agardan polas axudas non dispoñen de marxe para organizar e pagar as actividades e as demais tiveron que arriscar e adiantar os fondos ao longo do ano sen saber se a Deputación ía pagar”, din dende o PP
Lugo, 11 de decembro de 2023. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, condena “a tardanza de 6 meses por parte do goberno provincial en resolver as subvencións a entidades asociativas para a realización de actividades culturais neste 2023”. Isto para os populares evidencia “a mala xestión do BNG á fronte desta área”.
O voceiro explica que “as axudas a entidades culturais para o desenvolvemento de actividades convocadas en abril non se resolveron ata o 20 novembro, cando o prazo de execución remata o 31 de decembro”. Isto supón que aquelas que agarden pola concesión da axuda non disporán practicamente de tempo para organizar, celebrar e pagar para xustificar -antes do 31 de marzo do 2024- as actividades. E, no caso das restantes, “terían que arriscar e adiantar ao longo do ano os fondos sen saber se dispoñen da axuda coa que contribuír a financiar as súas actividades”.
En calquera caso, “esta falta de dilixencia é un prexuízo para o tecido asociativo e cultural da provincia”, ademais dunha demostración de “falta de seriedade”. Para o popular as administracións deben apoiar o desenvolvemento das actividades das asociacións, pero “a falta de axilidade da área de Cultura provoca que teñan que traballar sen previsión”.
Ameijide lembra que, “segundo a resolución da convocatoria do 2022, foron 77 as entidades asociativas ás que se lles desestimou a axuda por actividades culturais ás que hai que engadir unha que desistiu e outras 15 que perderon o dereito a cobro”. Á vista destes datos que “demostran que moitas entidades quedan fóra das axudas, é evidente que non se están facendo as cousas ben” e agarda que este ano “non sexan aínda máis as entidades que queden sen axudas”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



