É a vía para acabar coa chantaxe da multinacional e garantir a produción e o emprego. “Se foi posible con telefónica, tamén con Alcoa”, alega
A Mariña, 28 de decembro 2023. A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, de visita institucional no concello de Barreiros avanzou desde A Mariña que o BNG aposta pola intervención pública de ALCOA como a vía definitiva para rematar coa chantaxe e os continuos incumprimentos da multinacional e garantir a produción e o emprego.
Nese sentido, adiantou que, se ten a confianza para ser a próxima presidenta de Galiza, será un asunto que terá a súa máxima implicación.
“Como presidenta, defenderei a intervención pública da Xunta en ALCOA e reclamarei que o Estado tamén participe, unha intervención conxunta de ambas administracións que despexe dunha vez por todas o futuro desta factoría, tanto en termos de produción como de emprego”, declarou, asegurando que é unha cuestión estratéxica. “Se son a próxima presidenta poñerei sobre a mesa a intervención pública como asunto prioritario”.
É posible esa intervención porque se trata dunha empresa estratéxica para a comarca da Mariña, para Galiza e para o conxunto do Estado porque é a única factoría de produción de aluminio. “Só fai falta vontade política, a mesma que levou ao Goberno central a entrar en Telefónica facéndose co 10% da compañía”, alegou, “se foi posible con Telefónica é posible con ALCOA para garantir a produción e os miles de empregos desta factoría. E, desde logo, quero deixar moi claro hoxe na Mariña que iso é o que defenderei como presidenta”, afondou.
Pontón asume este compromiso despois de que este mesmo mes se coñecera que a multinacional se negaba a cumprir o acordo asinado cos sindicatos, en particular deixando no aire os investimentos máis importantes, un novo incumprimento que volve colocar na indefensión ós traballadores e ás traballadoras e, por derivación, á comarca da Mariña, coa repercusión económica e social que iso implica.
“No BNG pensamos que nin A Mariña, nin Galiza pode estar sometida a unha chantaxe permanente por parte da multinacional, sobre todo porque estamos ante unha empresa estratéxica para o noso país e a única fábrica de produción de aluminio de todo o Estado”, concluíu.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



