José Tomé presidiu a xuntanza celebrada este luns na que quedou aprobada a lista que encabeza o candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro
Lugo, 8 de xaneiro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a xuntanza extraordinaria da Comisión Executiva Provincial celebrada na tarde deste luns na sede do partido, na que se aprobou a proposta de candidatura socialista ás eleccións autonómicas do 18-F pola provincia de Lugo.
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, encabeza a lista por Lugo, “un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio da provincia de Lugo”.
“Un equipo preparado para axudar ao candidato a dar o salto á Xunta, activando o cambio urxente que necesita Galicia, e no que a provincia de Lugo vai ser determinante. Por fin, os lucenses deixarán de estar discriminados polo Partido Popular, porque os socialistas, con Besteiro como Presidente da Xunta, seremos capaces de poñer en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, que acaben coa inercia e a parálise na que o PP ten sometida a Galicia. Traballaremos polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, subliñou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia.
A candidatura aprobada pola Executiva Provincial é a seguinte:
1.- José Ramón Gómez Besteiro
2.- Lara Méndez López
3.- Mayra García Bermúdez
4.- Miguel Tomé López
5.- Teresa Fernández Pérez
6.- Jaime Losada Sobrado
7.- Elena Cordero Becerra
8.- Manuel Eduardo Fernández Varela
9.- Catalina Fernández Domínguez
10.- Roberto Castro González
11.- Marina Ramudo Graña
12.- Miguel Ángel Vilar Rivas
13.- Silvia Rodríguez Díaz
14.- Jorge Val Díaz
Suplentes:
1.- Miguel Ángel Crende López
2.- Olimpia López Rodríguez
3.- Pablo Núñez González
4.- Ana Hortas Alonso
5.- Miguel Caloto Conde

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



