Ribadeo, 9 de xaneiro de 2024. O alcalde, Dani Vega, anima aos propietarios de vivendas sitas nos Aris de Ribadeo e de Rinlo a solicitar subvencións para a súa rehabilitación. A partida destinada a este fin achégase aos 100.000 euros.
O rexedor dixo: “animamos a todos os propietarios que teñen vivendas no casco histórico de Ribadeo e tamén no conxunto da vila mariñeira de Rinlo. Animar a solicitar estas subvencións para rehabilitar, dinamizar e conservar entre todos estes espazos significativos”.
Para Dani Vega “no conxunto histórico de Ribadeo non debemos botar por terra todo o traballo que se fixo durante todos estes anos, todo o contrario, debemos pisar o acelerador, debemos traballar intelixentemente e cunha estratexia clara”.
O alcalde considera que “o Concello ten que facer un traballo importante, pero tamén podemos facelo a título particular e todos os propietarios que teñen unha vivenda no casco histórico de Ribadeo teñen que saber que teñen a oportunidade de solicitar unha subvención para conservar e rehabilitar o seu fogar. Isto é importante. Tamén a vila mariñeira de Rinlo, a vila por excelencia mariñeira, a vila máis importante que ten esas connotacións, que ten esa vida propia, debemos conservala entre todos. E tamén teñen a oportunidade de solicitar estas subvencións”.
Vega explicou que “o prazo de solicitude xa está aberto e remata para xustificar toda a obra o 30 de abril de 2025. Hai un tempo considerable e importante para facer os traballos”.
O rexedor contou que “hai que cumprir varios criterios como pode ser mellorar as condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas, tamén unha presenza significativa da unidade de acción no espazo público, por razón socioeconómica así como medidas de aforro enerxético”.
O alcalde ribadense cre que “son medidas que se poden cumprir perfectamente. Nós desde o Concello estamos a disposición todos os días da semana para asesorar e para informar na unidade técnica do Ari. Entre todos imos seguir avanzando e apostando polo casco histórico de Ribadeo, algo moi importante que se fixo nestes anos e non hai que tiralo por terra, hai que seguir trazando unha estratexia clara. O propio Concello ten que facer moitos traballos, que os está a facer, pero tamén ten que haber unha unidade estratéxica de acción coas distintas administracións e neste caso falo coa Xunta de Galicia. Seguimos colaborando con eles para inxectar este orzamento, que ven da Xunta, e nosoutros imos informar, asesorar e traballar conxuntamente, que é o mais importante”.
O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata o vindeiro 18 de febreiro.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



