O programa de actividades comeza este sábado coa V Feira de Razas Autóctonas e continuará os vindeiros fin de semanas cunha conferencia adicada á ordenación de granxas bovinas e o mercado gandeiro
Lugo, 31 de xaneiro de 2024. O Mes Gandeiro volve en febreiro ao Valadouro para a posta en valor da gandería e a promoción das razas autóctonas. O formato mensual, que xurdiu o ao pasado para dar un novo polo á feira gandeira que se viña celebrando en anos anteriores, celebrarase os tres vindeiros sábados – os días 3, 10 e 17 de febreiro –, centrando cada xornada nunha das áreas. O deputado de Rural da Vicepresidencia da Deputación Daniel García e o tenente alcalde e concelleiro de Medio Rural do Valadouro Eduardo Chao presentaron este mércores o programa, no recinto que acollerá as feiras.
As actividades comezan esta fin de semana coa V Feira de Razas Autóctonas da Mariña a partir das 10 horas no Aparcadoiro Municipal ao carón da Piscina. Esta cita contará cun concurso morfolóxico de cabalo de Pura Raza Galego coas seccións de sementais, eguas e poldros (nados no 2024,2023 e 2022). Xa pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase a primeira proba do III Campionato Galego do Cabalo Marchador Galego en dúas categorías. Durante toda a fin de semana nos distintos locais de restauración do Valadouro poderase degustar carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona.
O sábado día 10 celebrarase unha formación entorno ao Real Decreto 1053/2022 de Ordenación das Granxas Bovinas na que, entre outros aspectos, se asesorará ás gandeiras e gandeiros sobre a nova lei de de proteción dos dereitos e o benestar dos animais, coa que deberán ter un veterinario de referencia na explotación.
Para rematar, o 17 de febreiro terá lugar a II Feira de Gando no Aparcadoiro Municipal, mentras que no Camiño da Granda terá lugar o III Concurso de Andadura Galega da man de PURAGA. Ambas actividades arrancarán pola mañá. Ao tempo, durante a fin de semana, ASOPORCEL promove a degustación gratuíta de carne de porco celta nos locais hostaleiros.
Daniel García destacou “a importancia de levar focalizar estas actividades ao longo dun mes, que permite potenciar o sector primario e, especialmente, a actividade gandeira, poñendo en valor a tradición desta área da provincia na cría de cabalos e gando vacún”. “Dende a área de Rural sabemos a necesidade de desenvolver programas que permitan a promoción da gandería extensiva e das razas autóctonas para dinamizar o rural tanto social como economicamente, ao tempo que axudamos na conservación do territorio”
Eduardo Chao explicou que o formato do Mes Gandeiro, que puxeron en marcha o ano pasaddo, repítese xa que “isto permite desenvolver as actividades e dedicarlles o tempo que cada unha delas require. Ademais, permite dar importancia a citas como a V Feira Gandeira, que xa é un referente na comarca e en toda a provincia e permite visibilizar un sector que produce alimentos de grande calidade”.
Programa
3 de febreiro
V Feira de Razas Autóctonas, con exhibición e venda de exemplares de Pura Raza Galega, Porco Celta, Cabra Galega, Rubia Galega, Morenas Noroeste, Burro Fariñeiro, Galiña de Mos, Pita Piñeira e Can de Palleiro
10.00 h. Apertura do recinto ao público
Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega
Demostración de doma de alta escola co traballa a pe a terra a cargo da asociación Pura Raza Cabalo Galego
16.30 h. II Carreira Cabalo Marchador O Valadouro
Durante toda a fin de semana terá lugar unha degustación gratuíta de carne de poldro de cabalo PRG 100% Raza Autóctona nos locais hostaleiros.
10 de febreiro
12.00h. Conferencia RD 1053/2022. Ordenación das granxas Bovinas. Requisitos mínimos xerais. Celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura.
17 de febreiro
II Feira de Gando e III Concurso de Andadura Galega.
Durante a xornada poderá degustarse carne de porco celta nos locais hostaleiros






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



