Alfonso Villares comparte o enfado do sector polo alarmismo xerado e pola inxusta e negativa imaxe que se acaba proxectando sobre a actividade destes profesionais
Muxía, 9 de xaneiro do 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a mobilización que se produciu entre as galegas e galegos para atallar as consecuencias do vertido de pellets desde que o Goberno central, hai unha semana, lle comunicou por primeira vez á Xunta a magnitude real do incidente. Tanto a nivel social, cun importante movemento de voluntarios, como a través dun operativo autonómico onde máis de douscentos efectivos de Gardacostas de Galicia, axentes medioambientais e as brigadas de Tragsa reforzan o traballo de detección, retirada e limpeza dos materiais nos areais que realizan os concellos.
Así o sinalou desde Muxía, onde acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a confraría de pescadores desde onde se lle trasladou o enfado destes profesionais ante o alarmismo xerado, sentimento compartido polo conselleiro, pois da unha imaxe que resulta moi negativa e inxusta para este colectivo de traballadores.
Foi unha semana de intensa actividade que contrapuxo cun mes enteiro de inacción por parte do Goberno central, que nada fixo a pesar de ter coñecemento xa o 8 de decembro da perda dos contedores que acabou orixinando a chegada dos pellets ao litoral galego, tamén ao asturiano, o cántabro e que ameaza tamén o vasco e mesmo o francés.
O titular de Mar destacou que o Executivo estatal, pese a coñecer o suceso ocorrido ante as costas de Portugal e saber desde o día 20 dese mes a natureza das mercadorías perdidas polo mercante Toconao, nin trasladou esta información á Xunta nin actuou de forma algunha, pese a ter as competencias sobre tráfico de buques e de loita contra a contaminación mariña.
A pesar do impacto que podían ter as máis de 26 toneladas de pellets vertidas, o Goberno estatal evitou activar o Sistema Nacional de Resposta ante un Suceso de Contaminación Mariña e demorou a comunicación oficial á Xunta da procedencia das pequenas partículas de material plástico que chegaban aos areais galegos. De feito non o fixo ata o 3 de xaneiro, cando comezou a dispararse a chegada dos sacos e das diminutas boliñas.
Desde ese mesmo momento Galicia activou o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) que, en proceso de revisión constante, agora se sube a nivel medio co fin de que o Estado contribúa e se centre na recollida dos residuos no mar, minimizando así os que cheguen á costa. Gardacostas de Galicia, en coordinación co 112, monitoriza os avisos da chegada deste material aos areais e informa aos concellos, administración competente para a súa retirada, ademais de poñer medios propios da Xunta á súa disposición para prestar a axuda necesaria.
O titular do Mar sinalou que xa se mobilizaron máis de 200 efectivos para colaborar e reforzar a limpeza da costa. Este operativo traballou hoxe recollendo o residuo en areais dunha ducia de concellos, entre eles a propia Muxía, Valdoviño, Ares, Sada, Pontedeume, Oleiros, Carnota, Fisterra, Ribeira, O Grove, Cangas e Nigrán. Estes efectivos seguirán a traballar en todos os municipios costeiros galegos onde se necesite a súa presencia.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



