O conselleiro do Mar acompaña a investigadores do CIMA nesta acción
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañou hoxe aos investigadores do Centro de Cultivos Mariños (CIMA) de Ribadeo que entregaron ao colectivo de persoas mariscadoras da confraría deste municipio lucense unha partida de 4.000 unidades de xuvenís de ourizo de mar. Esta iniciativa forma parte da acción de investigación ‘Mellora da produción de xuvenís de ourizo de mar en catividade’, código de proxecto CIMA 21/03 (Xumarou), que ten por obxectivo optimizar o período de preengorda de xuvenís con diferentes sistemas para acurtar o tempo que se precisa para o seu traslado ao medio natural.
Esta actuación, que rematará en 2024, está financiada na súa totalidade pola Consellería do Mar e conta cun orzamento que supera os 125.321 euros e que se distribúe en catro anualidades. A entrega deste lote de exemplares, dun tamaño medio de 10 milímetros (mm), forma parte dunha camada que naceu en maio de 2023 nas instalacións do CIMA de Ribadeo. Desta partida un lote de 5.000 individuos foi introducido xa en novembro de 2023 na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos en Lira, A Coruña.
Alfonso Villares, xunto coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, volveu a destacar a importancia da colaboración directa entre entidades do mundo da ciencia, como é o caso do CIMA, co sector produtivo á hora de contribuír a propiciar un incremento dos exemplares adultos que eleve a intensidade reprodutiva e que dea pé a incorporar mellores recrutamentos no medio mariño. Segundo o titular de Mar, con esta acción de investigación o que se pretende é conseguir que un recurso como o ourizo de mar quede protexido e garantir a súa dispoñibilidade ás organizacións e entidades pesqueiras participantes no proxecto.
Entre os ensaios desta acción de investigación realizáronse experimentos para definir un protocolo de cultivo larvario que incremente a supervivencia das larvas ata o momento da fixación; probar diferentes sistemas de fixación para aumentar o número de individuos en fase post-larvaria e ensaiar métodos de marcaxe e identificación dos exemplares antes do seu traslado ao medio mariño.
Con esta actuación preténdese sentar as bases de colaboración entre o CIMA, como órgano científico e as confrarías das zonas VIII (Cedeira) e IX (A Mariña), e xa se está a traballar coas súas asistencias técnicas e coa dirección do persoal técnico da Xefatura Territorial de Lugo nunha nova proposta de acción de investigación que, cunha duración prevista de tres anos, pretende aumentar a produción de exemplares de ourizo de mar e introducir nas confrarías de pescadores as técnicas de sementeira e de seguimento destes equinoideos ata que alcancen o seu tamaño comercial.
De xeito paralelo o CIMA de Ribadeo pretende activar un proceso de cultivo de macroalgas mariñas en condicións controladas de laboratorio, coa finalidade de abastecer as necesidades de alimento dos ourizos de mar na fase de preengorda, principalmente nos meses de finais do outono e de inverno, nos que escasean as algas no medio natural.
Importancia da produción
En Galicia o ourizo é un importante recurso produtivo que se comercializa en preto dunha trintena de lonxas de toda a comunidade autónoma, de Ribadeo ata a Guarda. Segundo os datos preliminares de primeira venda en lonxa, no ano 2023 vendéronse preto de 631.220 quilos por un importe superior aos 7,6 millóns de euros.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



