Un famento Pescados Rubén Burela FS lévase o derbi máis competido da Primeira División Iberdrola, en territorio hostil, cun 1-5
Sábado 13 de xaneiro. Esta tarde ás 20.00h no pavillón A Seca, de Poio, xogábase a 16ª e primeira xornada da segunda volta da Primeira División Iberdrola, o clásico e prometedor derbi galego, Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final 1-5. As Guerreiras Laranxas comezan a segunda volta deixando claro a súa fame de levar, un ano máis, esta Liga 23/24, nun partido que dominaron practicamente os 40 minutos, cun resultado cómodo dende o inicio do partido no que abriu o marcador o conxunto local, o que pareceu acender con maior intensidade ao conxunto mariñán. Tras un resultado 1-3 ao descanso, as cracks do equipo burelense aguantaron a presión continua do conxunto pontevedrés xunto a unha grandísima actuación da nosa veterana porteira Jozi Oliveira, que anotou un gol e salvou ao equipo de varias ocasións clarísimas, nunha segunda parte máis competida pero na que o conxunto local non logrou bater ao Furacán Laranxa.
Na primeira parte abre o marcador Laura Uña a 15 segundos do inicio do partido, picando o balón por riba de Jozi dende a lateral da área. Pero xa no minuto 5 Irene Samper enchufaa tras un pase de Cami que entretén á porteira, conseguindo o empate e parcheando o atropelado inicio. Dous minutos despois Dany consegue o 1-2 nunha contra e boa combinación entre Noelia Montoro e Rafinha, que lla deixa á capitá para adiantar o marcador coa eficiencia dun conxunto líder na clasificación. No minuto 10 chega o 1-3 cun gol de Emilly, que vence a Elena tras un pase de Cami. Unha Elena que destacou notablemente neste encontro, sen ir mais lonxe cun paradón no minuto 9 tras un tiro de Dany dende dentro da área nunha recuperación e sacándoa de novo segundos despois coas mans a un disparo potentísimo de Emilly. Grandísima actuación tamén da nosa porteira Jozi Oliveira, entre outras nos minutos 14 e 17 a dous mísiles de Ale de Paz. Xusto antes do descanso Dany busca sen éxito o cuarto gol; soa ante Elena picaa por riba dela pero o balón vaise por encima do traveseiro.
Nunha segunda parte cunha metade pausada e con poucas situacións de perigo por parte dos dous equipos, comeza a aumentar un pouco a intensidade no minuto 26 cun disparo directo de Laura Uña nunha falta que detén Jozi Oliveira e un minuto despois outra de Saki que non logra finalizar con acerto. No minuto 29, tras unha contra e pase de Cami, Rafinha dispara de forma moi certeira atopándose de novo con Elena que a saca a córner e no minuto 31 Emilly volve atoparse coa porteira nun disparo afastado pero moi preciso que saca de novo a meta coas mans. Comeza a presión do Poio con xogo de 5 no minuto 32, con Saki de porteira-xogadora non conseguindo finalizar con éxito ningunha xogada e aguantando o dominio do Burela que se mantén con longas posesións de balón tentando conservar o resultado afrontando o mínimo perigo. No minuto 35 chega o gol de Jozi a portería baleira en plena presión do conxunto de López-Tulla e no 37 o segundo golazo de Irene Samper tras unha contra e pase de Dany, que pon punto e final ao partido cun resultado 1-5.
Moi bo comezo da segunda volta para nosas Guerreiras, que continúan mantendo o seu impresionante refacho de resultados e que espera seguir acumulando vitorias a próxima fin de semana noutro importante derbi na casa ante o Ourense Ontime.
Ficha Técnica Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS
Poio Pescamar FS (1): Elena; Laura Uña, Ale de Paz, Martita, Rocío Gómez -cinco inicial-, Elena Aragón, Carla Ayens, Irene (C), Saki, Lara Balseiro, Sandra Buzón.
Pescados Rubén Burela FS (5): Jozi Oliveira; Cilene, Cami, Irene Samper, Emilly – cinco inicial-, Dany (C), Aroa, Rafinha, Noelia Montoro, Caridaid.
Goles: 1-0, min.1: Laura Uña. 1-1, min.5: Irene Samper. 1-2, min.7: Dany. 1-3, min.10: Emilly. 1-4, min.35: Jozi Oliveira. 1-5, min.37: Irene Samper.
Árbitros: Lidia Crespo Pardo, Héctor Vilas López, Pablo Enrique Guntín Garrido, Irene Núñez Mariño.
TA: Laura Uña, Martita, Julio Delgado.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



