Solicitan ao Xulgado que impoña á empresa unha caución de 10 millóns de euros para facer frente a unha descontaminación que será longa e custosa
Compostela, 9 de xaneiro, 2023. Ecoloxistas en Acción ven de presentar este martes nos Xulgados de Noia unha demanda penal contra a empresa armadora propietaria do portacontedores “Toconao”, con bandeira de Liberia, así como contra o seu capitán. A acción xudicial, realizada da man de Plademar Muros-Noia, atribúe á empresa un presunto delito contra o ambiente e os recursos naturais pola afectación ás costas galegas dunha vertedura de millóns de pellets de plástico.
A marea de pellets xa afectou a 10 espazos protexidos da Rede Natura 2000, así como ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e o Parque Natural de Corrubedo e a numerosas zonas de costa e areais. Na demanda evidéncianse os danos substanciais á calidade da auga, dos solos das praias e dos animais e plantas destes ecosistemas, ademais do risco de perxuízos á saúde. Os pellets de plástico (ou “nurdles”) son bolas de 5 mm de diámetro que polas súas características atraen as toxinas próximas absorbéndoas como unha esponxa, o que fai que se convirtan en ‘bombas tóxicas’.
A súa forma e tamaño atraen a numerosas especies de aves, peixes e crustáceos que os confunden con ovas. Ao inxerilos os plásticos entran na cadea trófica e con frecuencia provocan a morte do animal que deixa de comer ao ter o estómago cheo de plástico. Ao entrar na cadea trófica, as substancias contaminantes que portan os microplásticos quedan nos tecidos dos animais. Ademais, a descomposición dos pellets xera micropartículas e nanopartículas imposibles de eliminar e son inxeridas polo plancto e organismos filtradores.
Caución xudicial de 10 millóns de euros
A organización ecoloxista quere asegurar que se cumpre a máxima de “quen contamina paga” e por iso, na súa demanda, pediu ao Xulgado que impoña unha caución á empresa demandada de non menos de 10 millóns de euros que permita acometer os custos de restauración. Con esta acción pretende axilizarse esta vía para evitar a impunidade que acabaram por ter verteduras marítimas no pasado. Animan ás Administracións afectadas e a outras organizacións sociais a personarse como acusacións na causa que se abrirá en Noia.
A pesar diso, desde os colectivos denunciantes lamentan a inacción da Xunta á hora de adoptar medidas e animan á sociedade a participar nas numerosas accións de limpeza que se veñen realizando de xeito espontáneo nas últimas semanas. De feito, Ecoloxistas en Acción está organizando unha campaña de voluntariado ambiental para a que xa se é posible inscribirse no seguinte formulario.
A organización ecoloxista sinala que aínda que este episodio causado polo “Toconao” ten unha dimensión sen precedentes nas nosas costas, os pellets de plástico son un dos elementos que se veñen recollendo nas limpezas de praia desde fai anos. Por iso demanda unha mudanza no sistema de produción e no modelo económico global, que ademais de ser profundamente inxusto, asume riscos dos que logo non se fai cargo. Os impactos sobre os ecosistemas normalmente non acostiman ser contabilizados e, como neste caso, a limpeza e restauración parcial recae sobre a cidadanía e os medios públicos.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



