Foz, 25 de xaneiro de 2024. Entregados os premios aos gañadores do concurso de escaparates, organizado por AciaFozCCA o pasado Nadal.
O alcalde, Fran Cajoto, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de entregarlle o primeiro premio Lucía Pérez, de Hedra.
No segundo premio houbo empate entre Electricidad Núñez e Ofifoz. A concelleira de Comercio Katherina Navarro, o vicepresidente e a secretaria de AciaFozCCA, José Ginzo e Olaya Pedrosa foron as encargadas de entregar os agasallos a Celia Núñez e Ana Blanco e Reyes González.
Tamén houbo empate no terceiro premio entre Centro Dietético y Nutrición Alba Vila e Antigüedades Álvarez. O agasallo a Alba Vila e Olalla Rodríguez foi entregado por Purificación García e Ramón Castro, vogais de AciaFozCCA. E Eva Álvarez recibiu o agasallo de mans do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e do rexedor focense, Fran Cajoto.
Desde AciaFozCCA houbo unha mención especial “a dous dos nosos asociados: Augas Santas e Finca Goleta, que obtiveron a distinción Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino)”. O alcalde foi o encargado de entregarlle un detalle de recoñecemento a Mariela Iriarte e o presidente de AciaFoz fixo o propio con José Manuel Villapol.
A asociación focense tamén felicitou ao Equipo Mapfre Foz, pola súa obtención do Top 4. Fran Cajoto entregoulle o detalle á delegación desta firma. E José Ginzo fíxolle entrega doutro detalle a Cati Ramos, de Chuvia, que en decembro obtivo o premio O mellor comercio da túa vila.
Desde AciaFozCCA felicitan “ao comercio local pola súa implicación e polo seu traballo para estar á vangarda” e anímanos “a seguir por este camiño para que a clientela siga a facer pobo apostando polos negocios locais”.
AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización das súas campañas de Nadal.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



