Ribadeo, 13 de xaneiro de 2024. Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado esta noite nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.
-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez
-O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo)
A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000 papeletas distribuídas desde o pasado 1 de decembro entre todas as persoas que fixeron as súas compras en Ribadeo. Un programa informático foi o encargado de elixir o número gañador. A persoa afortunada terá ata o 13 de marzo para poder reclamar o seu premio na oficina de Acisa Ribadeo.
E a continuación sorteáronse os outros cinco premios. Foron as mans inocentes de nenas e nenos asistentes á Festa do Comercio os encargados de extraer as papeletas entre todas as que foron introducidas na furna instalada a carón das carpas ao longo da tarde de hoxe. As afortunadas e afortunados disporán de tres meses, ata o 13 de abril, para consumir os seus premios nos negocios asociados a Acisa Ribadeo.
Na entrega de premios participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; a concelleira de Comercio, Marta Saiz; o CEO de BeOne (firma patrocinadora do evento), Roberto Ramos; a presidenta e a vicepresidenta de Acisa, Carmen Cruzado e Virginia Eceiza; e o xerente da asociación, Jesús Pérez.
Interviñeron antes do inicio do sorteo a presidenta da patronal ribadense e o rexedor.
A XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo foi conducida polo xornalista Félix Jorquera, de RadioVoz e Crónica 3 A Mariña.























A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



