Ribadeo, 24 de xaneiro de 2024. O Antroido adiántase en Ribadeo e dá comezo o 3 de febreiro. Por diante haberá tres fins de semana cargadas de actividades.
O obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado Secundino Balsa, unha persoa que representou o espírito e a esencia do Antroido ribadense”.
Saiz dixo que “outra das citas que se reforzará neste 2024 é a festa do freixó, que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de febreiro en diferentes localizacións da vila. O día 10 pola noite haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas que salgan disfrazadas á rúa. O 11 será o día do cocho e da mascarita. No Cantón tamén está previsto un sorteo entre as mascaritas que acudan ao encontro. Esa xornada celebrarase o baile infantil de disfraces no Rosalar”.
A concelleira de Comercio e Turismo contou que “neste 2024 recupérase a cena do Antroido, que terá como protagonista o tradicional cocido e que convocará a toda a veciñanza nunha carpa instalada no Campo de San Francisco. Isto será o luns día 12. O martes terá lugar polas rúas de Ribadeo o desfile a partir das 17:30 horas. Nesta edición, para fomentar a participación, increméntase o número de premios así como as contías en varias modalidades (comparsas, carrozas…) grazas á achega de establecementos comerciais da vila. O Antroido 2024 rematará o 17 de febreiro coa Queima a carón da estación de autobuses de Ribadeo”.
Saiz engadiu que “queremos que o Antroido de Ribadeo vaia a máis cada ano. Agradecemos a participación e a colaboración das distintas asociacións e colectivos que se sumaron para poder elaborar este amplo programa, que ampliaremos en datas próximas”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou que “esta ampliación do programa do Antroido de Ribadeo, que se prolongará durante tres fins de semana creará moito ambiente na nosa vila e iso repercutirá de xeito positivo na nosa hostalería. Estamos en tempo de cocidos e freixós, de compartir risas, tradicións e gastronomía. Toca preparar os disfraces, as mascaritas… e encher de color e diversión as rúas de Ribadeo. No comercio local poderemos atopar todo o que precisamos para lucir como se merece neste Antroido de 2024. Animamos á hostalería a elaborar propostas gastronómicas típicas destas datas para así trasladar ese ambiente de festa aos seus locais e que todas e todos as poidamos saborear”.
E engadiu: “agradecemos ao Concello de Ribadeo o traballo realizado e que conte coa colaboración, un ano máis, de Acisa nesta tradicional cita”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



