É o primeiro equipo que logra vencer ao Full Energía Zaragoza na súa cancha nesta tempada, chegando ao descanso con 6 goles de vantaxe
Burela, 20 de xaneiro, 2024. Esta tarde ás 19.00h no C.D.M. La Granja, en Zaragoza, xogábase a 16ª xornada e primeiro partido da segunda volta da Segunda División de Futsal, Full Energía Zaragoza – Pescados Rubén Burela FS. Tres puntos nada fáciles de conseguir para os de David Rial sendo La Granja o fortín do conxunto maño nesta tempada, ao non conseguir ser derrotados na súa cancha por ningún equipo en toda a primeira volta. Pero o Pescados Rubén rompeu o patrón e chegou arrasando a terras zaragozanas, anotando seis goles na primeira parte, dous na segunda e aguantando durante practicamente os 20 minutos deste segundo tempo a presión do rival con porteiro-xogador, demostrando ser merecedores do “título” desa “mellor defensa da Segunda División”.
Na primeira parte comeza o festival de goles no minuto 1, cun lanzamento afastado de Álex García tras unha recuperación, que abre o marcador 0-1. No minuto 3 téntao Fran Tabuenca dende dentro da área pero tópase co habitual Michal e no minuto 4 chega o 0-2 cun golazo de Ismael nun tiro frontal ao bordo da área tras un pase de Quelle. No minuto 7 o terceiro do Burela, tras un saque moi rápido de Álex García, que a pasa a Alberto, que á súa vez lla coloca a Malaguti e enchúfaa na portería dun rival desprevido. O conxunto mariñán arrasa durante esta primeira parte, non permitindo practicamente chegar a portería ao conxunto maño. No minuto 10 gol do capitán, Lucho, con asistencia de Ismael que lla pasa dende a outra banda e un minuto despois golazo de Charly que a lanza dende moi lonxe e cóalla ao porteiro do equipo zaragozano. No minuto 17 chega o 0-6 e o segundo de Álex García, que a coa dende o pau tras un pase de Alberto. Tras un pau do Zaragoza nun tiro de falta e un paradón de Michal a un tiro raso de Marcos desde o bordo da área, chega o descanso.
Comeza a segunda parte, con vantaxe, pero sabendo que vai tocar defender durante os 20 minutos. Arrinca o xogo xa coa presión do 5 para 4 por parte do conxunto de Alfonso Rodríguez, con Fran Tabuenca como porteiro-xogador. A mellor defensa da Segunda División resiste ata o punto de non deixar lanzar a portería ao rival durante o primeiros tres minutos e medio. É entón cando aparece o Muro Kaluza con dúas intervencións seguidas. Pero a presión continúa e chega o gol dos locais cun pase de Preciado a Fran Tabuenca, situado case na liña de gol, que lla coa a Kaluza. Un minuto despois chega o 1-7, cun gol de Isma a portería baleira. Ata 5 paradóns de Michal se suceden na segunda parte a longos disparos de Shunta, desde unha banda e a continuación dende a outra. No minuto 29 chega o 2-7 cun gol de Preciado nunha xogada ben executada con porteiro-xogador. E no minuto 36 chega o último do Burela, o 2-8, co segundo de Lucho case desde media pista a portería baleira. Tras a expulsión de Malaguti por dobre amarela no minuto 39, chega o 3-8 cun gol de Manu Franco estando o Pescados Rubén Burela FS con 4 xogadores (contando o porteiro) tras a expulsión de Malaguti.
Remata o encontro e os nosos Pícaros volven á casa noutro longo, aínda que un dos máis curtos, viaxes. O vindeiro sábado 27, enfrontaranse ao Real Betis “B”, por fin en Vista Alegre tras dous partidos seguidos en territorio hostil, no horario habitual en Burela, as 18.45h.
Ficha Técnica Full Energía Zaragoza – Pescados Rubén Burela FS
Full Energía Zaragoza (3): Fernandito; Fran Tabuenca, Muniesa (C), Manu Franco, Tabuenca, -quinteto inicial-, Marcos, Preciado, Pasamón, Shunta, Manu Cebrián, Iván Romero, David. Entrenador: Alfonso Rodríguez.
Pescados Rubén Burela FS (8): M.Kaluza; Isma, Alberto, Á. García, Malaguti -quinteto inicial-, Lucho (C), Quelle, Flethes, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.
Goles: 0-1, min.1: Álex García. 0-2, min.4: Ismael. 0-3, min.7: Malaguti. 0-4, min.10: Lucho. 0-5, min.11: Charly. 0-6, min.17: Álex García. 1-6, min.23: Fran Tabuenca. 1-7, min.25: Isma. 2-7, min.29: Preciado. 2-8, min.35: Lucho. 3-8, min.38: Manu.
Árbitros: Joel García Ribera, Javier García Sánchez, Jaime Lázaro Angulo, Nerea Camargo Santolaria.
TA: Fran Tabuenca, Muniesa, Pasamón, Quelle, Álex García.
TR: Malaguti (Doble Amarilla)























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.


