Rodil mantivo unha xuntanza co sector productivo no lugar de Neipín, no concello A Pontenova, e incidiu “na necesidade de que as persoas que viven no rural vexan no goberno da Xunta un aliado e non un enemigo como sucede co PP”
Lugo, 21 de xaneiro de 2024. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, mantivo unha xuntanza con productores de diversos sectores agrogandeiros no lugar de Neipín no concello de A Pontenova. Tamén estiveron presentes o candidato mariñán Daniel Castro, nùmero dous da lista, e diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG. Rodil apuntou a necesidade de “dar axilidade, dende a administración, a todos os expedentes relacionados co medio rural e poñer os medios da Xunta ao servizo das persoas que os soliciten, non pode ser que o goberno da Xunta se converta nun enemigo do sector como ven sucedendo dende que o PP goberna na Xunta”. Dende o sector productivo, representado na xuntanza, manifestouse o descontento polo xeito actual de xestionar as diferentes axudas e as idemnizacións derivadas de ataques por fauna salvaxe.
Rodil afirmou que se trata de “unha necesidade” mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Ademáis o BNG acredita na elaboración dun plan para avanzar de forma planificada no establecemento de redes de saneamento e abastecemento de auga nos núcleos rurais. A cabeza de lista do BNG por Lugo tamén estableceu como prioridade “un plan de mobilidade no rural, con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais” e engadiu a necesidade da “recuperación de vivendas no rural e creación dun banco de vivendas, establecendo un marco de colaboración entre o IGV, os Grupos de Desenvolvemento Rural, a FEGAMP e as Deputacións Provinciais”.
“Temos comprobado que as políticas emanadas de Bruxelas, e aplicadas nos distintos marcos agrarios estatais, polo Goberno do Estado, non deixan de ser somníferos placebos de desmantelamento dos nosos sectores produtivos” dixo Olalla Rodil e engadiu “tamén os efectos nocivos das décadas de políticas do Partido Popular, e que actualmente se centran en poñer os nosos recursos en mans de capital estranxeiro e de fondos de investimento, que están a acaparar recursos como a auga, os nosos montes e boa parte da Superficie Agraria Útil galega”.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



