Dende o PP piden a Tomé que “se deixe de intentar dar leccións aos demais” e comece por “dar exemplo” poñendo en marcha medidas para axudar a atraer proxectos industriais á provincia e de apoio aos mozos e emprendedores
Lugo, 19 de xaneiro de 2024. “Tomé e o PSOE son os únicos freos á creación de emprego e ao asentamento industrial na provincia de Lugo”. Así de contundentes se amosan os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, “cansos das constantes mentiras do presidente provincial que sempre presume do que non fai”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, recorda que “non se ve nos orzamentos provinciais nin a máis mínima intención de potenciar nin impulsar os sectores produtivos da provincia”, sendo este un gran indicativa do “abandono” aos sectores produtivos por parte da Deputación. “Paralizaron todos os proxectos industriais vencellados á Deputación nos últimos anos”, denunciou.
Ameijide pon un exemplo moi claro da “nula preocupación” de Tomé e o PSOE en materia industrial: “Nin coidan as empresas que xa temos e frean o asentamento de novas iniciativas ao negarse a mellorar e manter a rede viaria provincial, dificultando e impedindo as comunicacións”.
Pero hai moitos máis exemplos. “Non deu continuidade aos proxectos da xa extinta sociedade urbanística provincial, herdando os seus activos e nada máis; paralizou a política industrial que tiña a Deputación do mesmo xeito que foi incapaz de apoiar os poucos proxectos que había en marcha”, denunciou, como igualmente se desentendeu dos xóvenes “cancelando as axudas aos estudantes do campus, eliminando as liñas de creación de emprego e os incentivos ao emprendemento”.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



