“Queda moi pouco para un cambio de goberno na Xunta, pero cando menos, que non siga facendo o ridículo, nin insultando a intelixencia dos galegos”
Lugo, 11 de xaneiro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, esixe a dimisión inmediata do Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, polas “inaceptables e vergoñentas” manifestacións que fixo no día de onte sobre os pellets de plástico que están inundando as costas galegas.
“Nunca demostrou preparación nin coñecemento sobre a actividade pesqueira. De feito, cando tomou posesión, el mesmo recoñeceu que ía dedicar o seu tempo a coñecer o sector, dixo. Algo incomprensible, que o Conselleiro do Mar non saiba nada da materia e dos recursos que lle toca xestionar. Pero as declaracións de onte non deixan lugar a dúbidas da súa total incapacidade para exercer o cargo que ostenta, e nin sequera para representar aos cidadáns. Polo tanto, debe apartarse ou que o Presidente da Xunta, o señor Rueda, o aparte, xa”, asegurou José Tomé. “Queda moi pouco para un cambio de goberno na Xunta de Galicia, pero cando menos, que non siga facendo o ridículo, nin insultando a intelixencia dos galegos e galegas”. “O primeiro que ten que facer este señor é aprender vocabulario para dirixirse á xente”, recalcou.
O mandatario provincial referiuse desta forma ás manifestacións nas que o Conselleiro do Mar asegurou, literalmente, ante os medios de comunicación: “Non sei se alguén come o aparato dixestivo dos peixes. Non sei. Eu non. Eu intento apartalo. Son produtos que entran, como se calquera persoa comera accidentalmente algún plástico, porque entran por onde entran e saen por onde saen”.
Trátase, en todo caso, subliñou o Presidente da Deputación, da “última perla” dunha Xunta que “non o puido facer peor” ante o desastre ambiental provocado pola marea de plástico, e que segue “na roda de mentiras, de incompetencia e de soberbia” na que está instalada dende hai un mes “tratando de minimizar o problema”. “No Prestige eran hilillos de plastilina, agora son boliñas de plástico. O manual é o mesmo: mentir, ocultar e botarlle a culpa ós demais, esperando a que o Goberno do Estado, os concellos e a xente lle resolvan a papeleta”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



