Burela, 19 de xaneiro de 2024. O Espazo de Preservación Familiar “San Aníbal Familia Educa”, que iniciou as súas actividades en febreiro de 2023, deu atención a 36 usuarios (de 25 familias diferentes) ao longo do ano, entre os seus programas de inverno (vixente durante o período escolar) e verán (durante o tempo vacacional). Os usuarios, con idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos e na súa maioría nenos (72%), viñeron derivados desde os servizos sociais municipais (14%), os centros educativos (41%) e Cáritas (45%). Dos 36 usuarios, o 50% é de nacionalidade española.
Este recurso pioneiro en materia de integración e convivencia familiar, posto en marcha como resultado do convenio alcanzado entre Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas de Burela, ofrece de forma gratuíta (todos os días laborais do ano) un servizo de prevención e formación no ámbito educativo e sociofamiliar a menores cunha situación familiar que poida presentar certo grao de vulnerabilidade. Do mesmo xeito, ofrécese aos seus proxenitores orientación nos ámbitos socioeducativos e psicosociais para favorecer unhas boas condicións de convivencia no desenvolvemento da vida familiar no seu conxunto.
Este programa é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e á achega económica das propias entidades (Fillas do Divino Celo – Rogacionistas e Cáritas Diocesana).
Unha parte esencial do “Familia Educa” é o reforzo académico que precisan estes nenos, nenas e adolescentes, pero tamén é moi importante o traballo que se fai con eles no plano afectivo e emocional. Do mesmo xeito, podemos destacar as diferentes actividades e saídas que se realizan na contorna, que axudan a mellorar en gran medida eses aspectos. Déronse charlas motivacionales, houbo saídas ao parque acuático (Cerceda) ou ao XuvenLugo, visitas ao parque zoolóxico (Marcelle Natureza), realizáronse roteiros como o do Tren Mineiro (A Pontenova), ademais de visitas na propia localidade de Foz: Biblioteca Municipal, CENIMA (con toda a súa experiencia de realidade virtual) ou Casa da Cultura (con obras de teatro e monicreques).






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



