Nun encontro intenso, o conxunto burelés consegue un punto nesta xornada ante un Betis moi vido arriba
Burela, 27 de xaneiro, 2024. Esta tarde ás 18.45h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 17ª xornada de Segunda División de Futsal, Pescados Rubén Burela FS – Real Betis Futsal “B” cun resultado final 2-2. Nun encontro moi disputado e con moitísimo ritmo durante practicamente os 40 minutos, un Betis moi “acendido” conseguiu levar o marcador por diante durante o partido, facendo unha primeira parte bastante igualada e aproveitando ben as oportunidades nunha segunda parte máis dominada polo conxunto local, que presiona durante case todo o segundo tempo pero con pouco tino.
Comeza o partido igualado con moito xogo de balón e non moitos tiros a porta. No minuto 10 chega o 0-1 cun gol de Pablo Muñoz dende dentro da área e 4 minutos despois Lucho cóalla a Santi Souviron tras recibir un pase ao segundo pau, desde onde o capitán logra empatar o encontro. Continúa a presión por parte de ambos os equipos sen demasiados tiros a porta por parte de ningún dos dous, pero moita intensidade e no minuto 19, a uns segundos do descanso, Raúl López logra adiantar o marcador nun tiro raso que entra pegado ao pau da portería local. Un gol pouco oportuno para o conxunto burelense que se vai ao descanso en desvantaxe, 1-2.
Na segunda parte o Pescados Rubén Burela FS parece que reaparece, dominando o balón e presionando durante practicamente os 20 minutos, co bastantes tiros a porta pero poucos acertos. No minuto 32 chega por fin o empate cun gol de Charly nun rexeite xunto ao pau. No minuto 37 comeza a presionar con maior intensidade o conxunto sevillano pero os de David Rial responden con, primeiro Lucho e posteriormente Ismael, de porteiro-xogador durante os últimos dous minutos, non conseguindo poñerse por riba no marcador a pesar dos numerosos intentos, atopándose con a férrea defensa do equipo visitante.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Real Betis Futsal “B”
Pescados Rubén Burela FS (2): M.Kaluza; Isma, Alberto, Á. García, Malaguti -quinteto inicial-, Lucho (C), Quelle, Flethes, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.
Real Betis Futsal “B” (2): Santi Souviron; Iván Gemes, Mariano, Pablo Muñoz, Raúl López -quinteto inicial-, Álex Bernal, Cabañas, Santa Cruz, Cendán, Álex Mendoza, Hugo (P). Entrenador: Ramón Martínez.
Goles: 0-1, min.10: Pablo Muñoz. 1-1, min.14: Lucho. 1-2, min.19: Raúl López. 2-2, min.32: Charly.
Árbitros: Rubén Miguel Velasco, Jesús Montero Galán, Mayra Camila Araujo, Eva López Seijas.
TA: David Rial, Malaguti, Pablo Muñoz, Felipe Álvaro Palmero Durán, Charly.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



