Ribadeo, 31 de xaneiro de 2024. No pleno ordinario celebrado onte foi aprobado un convenio entre o Concello e Lugo Madera e un expediente relativo ás diversas peticións realizadas ao Ministerio de Fomento. Ribadeo iluminará as rotondas de Piñeira e da Vilavella si nuns días non obtén resposta do Goberno do Estado, co obxectivo de garantir a seguridade viaria.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “celebramos un pleno para abordar cuestións de interese. Estamos nun traballo continuo para mellorar entre todos Ribadeo. O primeiro punto foi un convenio con Lugo Madera. Nos cremos que é un salto cualitativo á hora de reducir burocracia absurda para que as tramitacións administrativas vaian máis rápido e iso significa eficacia. Pensamos que este acordo xa se tería que ter feito, outros Concellos da Mariña de todas as cores políticas xa o fixeron e entendemos que é algo moi similar ao que fan na veciña comunidade de Asturias”.
O rexedor indicou que “se trata dun acordo no que nos acreditan perfectamente toda a documentación que necesitamos: fianzas, seguros de responsabilidade civil e tamén unha app, que imos ter desde agora, para visualizar por qué pistas os maderistas sacan a madeira e nos di si a documentación está entregada ou non. Supón un salto na tecnoloxía que debemos ir mellorando neste concello. Aquel maderista que non estea na asociación Lugo Madera terá que seguir depositando as fianzas como ata o de agora para garantir que si hai un destrozo na pista forestal se arranxe con ese montante económico”.
Sobre as peticións realizadas ao Ministerio de Fomento o alcalde ribadense sinalou que “tamén imos dirixirnos ao Ministerio de Fomento porque non nos parece moi razoable que non nos teña contestado despois de terlle enviado algunha carta e de ter chamado por teléfono, pero de momento a resposta foi nula. O segundo acceso desde a autovía é algo fundamental. Xa sei que se leva pedindo moito tempo, pero a ver se falamos menos e facemos máis. Creo que o goberno do Estado nos ten que dar unha resposta positiva porque é de lei que Ribadeo teña este segundo acceso. Tamén baixando da estrada de Vilela temos un acceso á variante, que o levan pedindo moitos gobernos municipais e o Ministerio parece que non quere facer caso. Nos seguirémolo pedindo e imos instar ao ministro a que nos reciba se non nos responde ás cartas e á documentación que lle entregamos esixíndolle que invistan en Ribadeo”.
Vega lembrou que “así o trasladamos na xuntanza que mantivemos coa subdelegada do Goberno e estamos agardando e confiamos nela, pero si en días próximos non temos unha resposta ás nosas demandas desde o Concello iluminaremos as dúas rotondas, tanto a de Piñeira como a da Vilavella, porque queremos garantir a seguridade. Non podemos agardar máis. Nós farémonos cargo dos gastos e agardemos que non se opoñan a isto”.
O alcalde anunciou que “o 22 de febreiro manteremos unha xuntanza con Sepes para que adopten dunha vez por todas unha baixada seria dos prezos das parcelas do polígono industrial de Ribadeo. Nos puxemos en marcha moitas propostas, de momento Sepes contestounos que o 22 temos unha reunión. Estamos satisfeitos da súa resposta e de poder traballar conxuntamente”.
E engadiu que “aprobamos tamén distintas subvencións para o casco histórico de Ribadeo e o conxunto mariñeiro de Rinlo para rehabilitar as casas. Foi un pleno importante, onde hai moita iniciativa e iso o que acredita é traballo e xestión para mellorar entre todos Ribadeo”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



