Ribadeo, 13 de xaneiro de 2024. O Concello de Ribadeo solicita unha subvención de 164.000 euros á Xunta para mellorar a rede de camiños municipais, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Dani Vega, que estaba falta de inversión.
O rexedor manifestou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos xestionando orzamento para mellorar a nosa rede municipal de camiños. Un concello que ten unha concentración parcelaria, como outros en Galicia, activa e iso tense que transformar en orzamento para mellorar os camiños municipais, ese rede tan extensa que temos en Ribadeo”.
Vega explicou que “estamos activando distintos plans, como o Plan Único da Deputación, á que lle agradecemos a colaboración, pero tamén un plan de camiños no que estamos traballando profundamente”.
O alcalde subliñou que “quixemos empezar poñendo en valor os Concellos, neste caso o de Ribadeo, onde temos esas concentracións parcelarias activas e precisamos mellorar os nosos camiños. Preto de 164.000 euros foi o orzamento que solicitamos á Xunta de Galicia para arranxar os camiños nas nosas parroquias e así paulatinamente ir mellorando eses vieiros municipais, que están faltos de inversión”.
Para Dani Vega “nesa colaboración institucional, traballando de forma conxunta, entrando nos distintos plans e subvencións que ten a Xunta de Galicia, que debemos aproveitar para seguir avanzando e mellorando na rede de infraestruturas municipais e noutras materias”.
O rexedor indicou que “se trata dunha subvención fundamental e moi importante que quixemos solicitar e así arranxar quilómetros de camiños municipais faltos de inversión. Demandamos transformar a nosa rede de estradas con orzamento, é así como se resolven as cousas cunha estratexia, cunha planificación e con esa colaboración institucional”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



