Foz, 26 de febreiro de 2024. A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da programación formativa para o mes de marzo. Presentan unha nova actividade para a que xa está aberta a inscrición: trátase dun curso de extensión universitaria de informática básica e actualizada, dirixido a persoas adultas, denominado Cara a alfabetización dixital: curso integral de informática. O docente do IES de Foz Javier Ferro Dopico será o encargado de trasladar ao alumnado contidos como a xestión da información, o uso de internet, do correo electrónico, das redes sociais ou expoñer as principais recomendacións de seguridade, entre outros. As clases terán lugar do 5 ao 14 de marzo os martes, mércores e xoves, de 17 a 19 horas.
Esta actividade, como a meirande parte das que se ofrecen dende UNED, pode realizarse de maneira presencial e online en directo e en diferido. Para obter máis información pódese contactar coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, no WhatsApp 604.034.549 ou a través do correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Ademais a concelleira Elena Martínez adianta que nos vindeiros meses seguirán apostando por “unha oferta variada e dirixida a distintos públicos, tendo proxectados xa cursos de creación literaria ou español para estranxeiros, por exemplo”.
Dende a coordinación, Muíña anuncia que “a matrícula da UNED está actualmente aberta, ata o 12 de marzo, para aquelas persoas que pensen en ampliar os seus estudos e realizar unha carreira ao seu ritmo. E tamén anima a dirixirse á aula de Foz para pedir mais información”.
Finalmente recordan que seguen inmersos no ciclo de presentacións da aula universitaria, despois de ter celebradas varias charlas en Foz e en Burela no mes de xaneiro, e invitan a que se soliciten na aula ou no Concello estas sesións informativas por parte de quen teña interese en coñecer os servizos e recursos que dende a UNED de Foz se ofrecen.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



