As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto desde mañá a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública
Lugo, 22 de febreiro de 2024. A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que se impartirá en Ribadeo. En toda Galicia haberá seis edicións repartidas por diferentes localidades.
No caso de Ribadeo, as datas aínda non están pechadas pero publicaranse proximamente na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). En todo caso, impartirase antes do mes de xullo. Hai 27 prazas dispoñibles e o número de horas lectivas será de 240.
A inscrición é gratuíta e poderá facerse desde mañá, 23 de febreiro, ata o 4 de marzo. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp.
Poden participar as persoas maiores de idade que teñan o título de graduado en ESO e que non estean inscritas de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
O obxectivo desta actividade é proporcionar a formación mínima que deben reunir os socorristas acuáticos para o seu exercicio profesional na Comunidade. Ademais dunha proba específica de natación, o programa inclúe contidos sobre prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais; intervención e rescate; primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



