Esta firma foi unha das 104 beneficiarias das axudas que a Xunta mobilizou para compensar ás empresas de comercialización ao por maior e transformación dos efectos do incremento de prezos ocasionados pola invasión de Ucraína
Xove, 6 de febreiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o esencial labor feminino dentro da cadea mar-industria galega e, en concreto, na industria da transformación e a conserva, onde elas representan máis de dúas terceiras partes da forza de traballo total. Ademais, enxalzou o exemplo dunha empresa como Curricán que, nacida como unha iniciativa de mulleres que viven na costa de Lugo, contribúe a poñer en valor, pola vía da innovación, a forma tradicional de facer conservas da zona.
Así o manifestou durante a visita á factoría da produtora das conservas de alta calidade baixo a marca Currimar no municipio lucense de Xove, onde estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e o alcalde da localidade, José Demetrio Salgueiro Rapa. Tamén destacou o feito de que co apoio de varios departamentos da Xunta, do concello e do grupo de acción costeira (hoxe GALP) Mariña-Ortegal estas emprendedoras se lanzasen no ano 2012, em plena crise, a xerar riqueza e transformar produtos tipicamente unidos ao mar e a Galicia e da Mariña, como pode ser o bonito que se captura en cada costeira.
O titular de Mar aplaudiu un modelo de negocio que aposta de forma decidida pola innovación como fórmula para revalorizar a tradición, cunha elaboración de produtos gastronómicos artesáns a pequena escala e de excelencia contrastada como son o bonito do norte de Burela, ostras ao natural conservadas en auga de mar ou cun escabeche cítrico, ou pratos preparados como fabas con polbo, marmitako de bonito, este túnido en salsa de tomate ou calamares na súa tinta. Todos envasados en cristal e de forma artesá.
Curricán foi unha das 104 beneficiarias do apoio por máis de 6,3 millóns de euros da Consellería do Mar para compensar ás empresas de comercialización ao por maior e transformación dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura, dos efectos do incremento de prezos ocasionados pola invasión de Ucraína.
Este respaldo permitiu afrontar sobrecustos motivados polo conflito en materias primas como a fariña, o pan relado, aceites de oliva e xirasol, por un lado, tamén os envases, embalaxes de madeira, cartón, plástico, vidro e metal, entre ellos las latas de las conservas, por outro; e tamén as altas facturas que pagaron polo cloro, gases refrixerantes ou enerxías como a electricidade o gas.
Falta de apoio estatal
Fronte a estas axudas, o sector segue a espera de ver, negro sobre branco, como se materializa o Perte propio polo que a cadea mar-industria leva agardando tres anos. De entrada, o sector reclamara que ascendese a 400 millóns de euros, aínda que os primeiros anuncios desde o Goberno central reducirían a aportación a unha décima parte, uns 50 millóns. Alfonso Villares reiterou que un sector estratéxico para a alimentación de España e Europa debería recibir un trato equiparable ao da industria agroalimentaria, que contou no seu perte con máis de mil millóns de euros.
Ademais do acceso aos fondos europeos habilitados para a recuperación económica postcovid, o representante autonómico insistiu unha vez máis en que o sector primario, os produtos alimenticios do mar e a carne, merecen deixar de estar vetados das rebaixas do IVE que están a desincentivar o seu consumo fronte a alimentos que si gozan desta vantaxe fiscal. Desde o mundo do mar e do agro levan anos reclamando este descenso do imposto sen ser escoitados polo Goberno que encabeza o socialista Pedro Sánchez, un grave erro que está a danar actividade dun sector estratéxico.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



