A expedición blaugrana partiu da Mariña o sábado ás 6.30 h. co fin de estar na capital vasca a mediodía. Logo dunha comida colectiva e de camiño ó estadio de fútbol, tiveron un encontro coa peña barcelonista local Euskobarça. A partir das 18.30 h. poideron desfrutar dun bo partido de fútbol e da victoria do seu equipo, polo que a satisfacción dos peñistas foi total. Coa alegría do resultado, gozaron da tardiña e da gastronomía de Vitoria. Xa o domingo pola mañá participaron nunha visita guíada pola zona vella e monumental da cidade. Finalmente nova comida colectiva e viaxe de regreso, pensando en celebrar novas actividades conxuntas entre as tres peñas e coa gran satisfacción de todos os participantes nesta viaxe.
As tres peñas barcelonistas activas da Mariña: Mondoñedo; La Balastrera, de Ribadeo; e San Miguel, viaxaron conxuntamente a Vitoria para ver en directo e animar ó FC Barcelona

As tres peñas barcelonistas activas da Mariña: Mondoñedo; La Balastrera, de Ribadeo; e San Miguel, viaxaron conxuntamente a Vitoria para ver en directo e animar ó FC Barcelona
Relacionado
-
Fernando Jáuregui presentará este xoves en Ribadeo o seu último libro ‘El cambio en 100 palabras. ¿Cómo serán nuestras vidas en 2050?’
-
Este venres remata o prazo de matrícula no curso de inglés para comercio e hostalería que organizan Acisa e a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo
-
Ribadeo reclama o apoio da Deputación para o abastecemento de auga e para a mellora das instalacións deportivas. E ao Estado un novo acceso á vila desde A-8