Os populares lembran que, co voto en contra de PSOE e BNG, Galicia é a única comunidade que aprobou unha lei para dar praza estable aos médicos que aposten por prazas de difícil cobertura nos centros de saúde de atención primaria da comarca
A Mariña, 12 de febreiro de 2024. O Partido Popular é a única forza política que garante novos servizos para o Hospital da Mariña lucense, tales como a resonancia magnética fixa que, desde a súa posta en servizo o pasado mes de setembro, xa ten atendido a preto de 1.500 pacientes.
Os populares contrastan o esforzo inversor feito polo Goberno do Partido Popular nestes últimos 15 anos, coa falta de interese durante o mandado do Executivo bipartito (PSOE e BNG) que non foi quen de impulsar un só novo servizo no hospital mariñá. Contrapoñen os “feitos” do Goberno do PP, que cumpriu os seus compromisos, coas “palabras ocas” que defenden os partidos da esquerda á hora de amosar o seu compromiso coa sanidade pública comarcal.
Así lembran que co PP na Xunta fíxose realidade un fito como foi o inicio da obra de ampliación e remodelación do hospital de Burela, que continuará na súa segunda fase, ademais de sumar novos servizos que antes non existían como a sala de tratamentos de quimioterapia e oncoloxía, as unidades de hospitalización a domicilio ou a segunda sala de endoscopias, entre outros, aos que agora se suma a resonancia magnética fixa e o novo TAC -que supuxeron un investimento de máis dun millón de euros- e que melloran a tecnoloxía dispoñible para realizar probas diagnóstica clave, como por exemplo, a detección precoz de tumores.
Os populares poñen en valor tamén que aínda que na Mariña tamén sofren ese problema común a todas as comunidades autónomas de falta de médicos de familia e especialistas, desde o PP na Xunta, no ámbito das súas competencias, impulsouse unha lei que está a permitir a cobertura de prazas vacantes, con profesionais estables, nos centros de saúde da comarca, como aconteceu recentemente en Viveiro, Burela, O Vicedo, Cervo e Mondoñedo. Unha norma fronte a que -lembran os populares- o PSOE e BNG votaron en contra.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


