Para os populares resulta significativo que os candidatos doutras forzas políticas “non obtiveran o respaldado da veciñanza dos lugares onde naceron”
Lugo, 21 de febreiro de 2024. Lugo obtén a maior porcentaxe de votos para o PP de Galicia con respecto ás catro provincias: 53,39%, tres puntos e medio máis que Ourense, cerca de seis con A Coruña e nove e medio en relación a Pontevedra.
Tamén é significativo que o PP na provincia sume 98.803 votos fronte aos 78.420 papeletas que suman o PSOE e BNG, é dicir, máis de 20.000 votos máis para o noso proxecto.
O PP é a primeira forza en todos os concellos da provincia, excepto en tres (en 64 dos 67) que se sitúa como segunda forza; tamén hai que destacar que en 48 municipios superamos o 50% dos apoios (en Friol e Guntín superaron o 70%).
Nese senso tamén insistiu en que Lugo foi a provincia onde menos medrou o voto do BNG pese a formar parte do goberno tanto da Deputación como do Concello da capital. (Lugo +25,16%; Ourense 25,35%; A Coruña 32,66% e Pontevedra 34,69%).
No caso do municipio de Lugo o Partido Popular foi o concello que obtivo o mellor resultado de Galicia “fomos o partido máis votado nas 125 mesas electorais con 26.794 papeletas ; e tamén a forza política que máis aumentou o seu apoio en todos os distritos cun incremento de 4137 votos con respecto ás eleccións de 2020”.
A popular tamén subliñou que na capital lucense o PP obtivo 3.366 votos máis que os que acadaron o PSOE e o BNG xuntos. (PP obtivo 26.794 e PSOE+BNG 23.429)”.
A CAMPAÑA DE CONFRONTACIÓN QUE NON CALOU NA CIDADANÍA
Elena Candia tamén recriminou “a campaña de confrontación con ataques infundados, e desprestixio constante cara a Xunta de Galicia, tanto por parte do PSOE como do BNG” engadindo que “non calaron nin no concello de Lugo, nin no resto da provincia”.
A cidadanía falou de forma contundente “impúxose o sentidiño e a capacidade crítica da veciñanza que non se deixou manipular pese a que socialistas e nacionalistas repetiron de forma reiterada mentiras para intentar que se convertese en realidade”.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



