A candidata socialista pola provincia, xunto á tamén membro da lista pola provincia Teresa Fernández, o Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, e o Deputado provincial Pablo Rivera, mantiveron un encontro con persoal e usuarios do Centro de Atención a Maiores da Deputación no municipio da Montaña
Pedrafita do Cebreiro, 5 de febreiro de 2024. A candidata socialista pola provincia ás eleccións autonómicas Lara Méndez garantiu este luns que con Besteiro Galicia terá un modelo público de residencias, no rural, con atención personalizada e a prezos xustos, como que implantou na Deputación de Lugo, e que hoxe é exemplar en Europa.
Fíxoo durante o encontro que mantivo, xunto á tamén membro da lista pola provincia Teresa Fernández, o Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, e o Deputado provincial Pablo Rivera, con persoal e usuarios do Centro de Atención a Maiores que ten a institución provincial no municipio da Montaña en colaboración co Concello. Trátase dunha das 9 residencias que a Deputación de Lugo ten hoxe en funcionamento, xunto ás de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil.
O Partido Popular aposta por un modelo asistencial “caro, privatizador, de macroresidencias, deshumanizado, que afasta aos maiores das súas familias e do seu entorno, e que fracasou na pandemia”. Feijóo e Rueda situaron así a Galicia á cola de toda España en prazas públicas, con tan só o 41%, mentres que a media estatal é do 62%, segundo o IMSERSO, e cun déficit de 14.000 prazas residenciais, segundo os parámetros da Organización Mundial da Saúde, que establece unha ratio de 5 prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos.
No marco da “clara aposta de Besteiro por rescatar e potenciar os servizos públicos”, destacou Lara Méndez, cando sexa Presidente da Xunta estenderá a toda Galicia o modelo que xa implantou na provincia de Lugo na súa etapa como Presidente da Deputación, “cunha eficacia xa constrastada, sen ningunha morte durante a pandemia, que pon no centro ás persoas, o benestar dos maiores e das súas familias, e cunha atención personalizada, pois a ratio é de practicamente un coidador por cada residente”. Centros que favorecen o arraigo, xa que teñen prioridade as persoas da localidade e da comarca , e ao que calquera veciño ou veciña pode acceder, pois pagan en función da súa capacidade patrimonial.
Ao mesmo tempo, o modelo de residencias de Besteiro “crea actividade económica e emprego, o 95% feminino e fixa poboación”, polo tanto, é unha medida “eficaz para revitalizar o rural e loitar contra o reto demográfico”.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



