“Pedimos a todas estas persoas defraudadas co PP que confíen no Partido Socialista, en Besteiro, unha persoa honesta, de palabra, decente e valente, que non lles vai fallar, como xa o ten demostrado en toda a súa traxectoria política”, subliñou a candidata socialista ao Parlamento de Galicia nun mitin en Alfoz
Alfoz, 14 de febreiro de 2024. A candidata do PSdeG pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez dirixiuse este mércores “a todas aquelas persoas que votaron ao PP e que se senten enganadas e manipuladas por Feijóo coas súas mentiras sobre os indultos e a amnistía” para que lle dean o seu apoio ao Partido Socialista o vindeiro domingo.
Mayra García participou este tarde nun mitin na Casa da Cultura de Alfoz, xunto ao Tenente de Alcaldesa na localidade e tamén candidato ás autonómicas, Jorge Val, e a número 9 da lista socialista pola provincia, Catalina Fernández. No encontro, Mayra García subliñou que Feijóo, “coa complicidade de Rueda”, “estívolle mentindo á cara durante meses aos seus propios votantes, dicíndolles que se rompía España, que era unha indignidade e unha traizón, cando o propio PP recoñece agora que negociou por detrás con Junts o indulto a Puigdemont e mesmo estudou a amnistía, medidas que, se desbotou, foi só porque os seus únicos socios, a ultradereita de Vox, lles dixo que así non”.
“Pedimos a todas estas persoas, defraudadas co PP de Feijóo e de Rueda, que confíen no Partido Socialista, en Besteiro, unha persoa honesta, de palabra, decente e valente, que non lles vai fallar, como xa o ten demostrado en toda a súa traxectoria política”, subliñou a candidata socialista ao Parlamento de Galicia.
Mayra García Bermúdez tamén se dirixiu a aqueles votantes e simpatizantes do Partido Socialista que “nalgún momento puideron ter dúbidas para pedirlles que sigan confiando no Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e que se volquen ao máximo nesta recta final da campaña para apoiar ao Partido Socialista e a Besteiro”.
“O que estamos facendo os socialistas é o camiño para resolver un problema que nos deixou Rajoy e o PP dende o ano 2017. É o camiño para pasar páxina e para mellorar a convivencia no noso país. Un país que será mellor, que será máis forte, coidando e respectando a pluralidade e a diversidade que o define. O PP sabe que esta é a solución. Eles mesmos, o propio Feijóo, recoñéceno agora, pero parapétanse coma sempre na mentira, na crispación, no ataque para danar ós rivais políticos”, recalcou.
“Merece a pena esforzarse ata o final, saír e pedir a todos os nosos veciños e veciñas que voten socialista. Somos o único partido que pode liderar o cambio en Galicia, porque Besteiro ten experiencia e capacidade de xestión, porque ten un proxecto ambicioso para este país, e porque ten fío directo co Goberno de España para sacalo adiante, para rescatar a sanidade pública do desastre que creou o PP, para apoiar a educación pública, para mellorar o transporte público e para crear vivenda pública, pero tamén para crear emprego e riqueza coa reindustrialización de Galicia, tanto na costa, como no interior, coa transformación dos produtos do sector primario”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



