O “abandono ás residencias” apréciase polo feito de que “Tomé botou aos veciños de Becerreá nos últimos dous plenos por pedir a posta en marcha da residencia comarcal xa rematada dende fai dous anos”
Luns, 5 de febreiro de 2024. O voceiro provincial, Antonio Ameijide, aclara que “a asistencia das residencias da Deputación de Lugo está prestada por empresas privadas que, nalgúns casos, foron denunciadas por traballadoras. A pesar de que ao goberno provincial de PSOE e BNG se lles enche a boca ao falar de xestión pública, o certo é que teñen externalizado ou privatizado o servizo de atención aos maiores nas residencias da rede da Deputación”. É por iso polo que os populares piden “coherencia” porque os socialistas “anuncian o contrario do que fan nas residencias da Deputación de Lugo”.
O popular incide en que “a maior parte da prestación do servizo en centros de atención a maiores na provincia faina a Xunta de Galicia e os Concellos”. De feito, a Xunta dispón dun total de 402 prazas en residencias públicas na provincia e máis de 1.000 prazas concertadas en centros privados que sufraga a Xunta. Ademais, dirixe máis de 675.000 euros en concepto de libranzas en función do grao de valoración de dependencia a outros 1.268 usuarios de centros residenciais. Entre estes inclúense os dos centros de atención a maiores da Deputación de Lugo; xa que o 50% resultan beneficiados.
Ademais, na provincia de Lugo hai implantadas 24 casas do maior que supoñen 120 prazas en concellos do rural, cunha atención máis personalizada e en moitos casos con servizo de transporte de recollida.
Os populares subliñan o compromiso do Goberno galego que preside Alfonso Rueda coa atención ás persoas dependentes. De feito, ten en marcha os Bonos Coidado cos que concede 5.000 euros para pagar a unha persoa coidadora no fogar e un complemento de 1.200 euros anuais para os beneficiarios do Bono Residencia que se suman ao que recibía cada persoa ata agora. En total, suman 12 millóns de euros os que destina a Xunta na provincia de Lugo a Bonos Coidado.
En definitiva, “a implicación do Goberno galego coa atención aos nosos maiores está sobradamente demostrada” fronte a “un goberno bipartito que presume das residencias que eles mesmos decidiron construír, que decidiron externalizar e das que pretenden desfacerse. Póñenas de exemplo de modelo público, pero a súa xestión é privada e, aínda por riba, queren que sexan outros os que se fagan cargo do seu funcionamento. Renegan delas. Invito eu, pero pagas ti”, segundo define. Ameijide condena esta “política da contradición” que, “dende logo, os galegos non merecemos. Merecemos feitos”.
O BIPARTITO ABANDONA O MODELO DE RESIDENCIAS DA DEPUTACIÓN
Ameijide subliña que “o bipartito abandonou o modelo de residencias da Deputación”. Por unha banda, o popular lembra que “os orzamentos aprobados polo bipartito demostran que non teñen previsto construír novas residencias no 2024: reducen máis de 60.000 euros a partida en investimentos e outros 50.000 en gastos correntes”.
Son moitas as residencias comprometidas que seguen pendentes de poñer en marcha: Guitiriz atrasada despois de derrubar a Casa da Botica, Cervantes prometida en varias campañas electorais das municipais e para a que aínda non hai parcela, A Pobra do Brollón que vai pola cuarta vez que se saca a licitación a súa construción, Folgoso do Courel onde o Concello fixo todo o que lle correspondía pero segue agardando pasos por parte da Deputación dende o 2018, Portomarín, A Pontenova, Pantón ou Ourol.
Por se fora pouco, “hai unha residencia rematada dende fai dous anos, o centro residencial comarcal de Becerreá, que rexeitan publicamente. O abandono ás residencias apréciase á vista de que Tomé botou aos veciños de Becerreá nos últimos dous plenos por pedir a súa posta en marcha”.



















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



