A feira gandeira, con presenza de razas autóctonas, celebrarase o domingo
Lugo, 29 de febreiro de 2024. San Miguel de Reinante, en Barreiros, celebra esta fin de semana a segunda edición da Feira gandeira de San Rosendo, unha cita apoiada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros. A axenda xira arredor da feira de gando e alóngase desde o venres 1 de marzo ao domingo día 3.
Os actos centrais terán lugar o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel coa apertura da feira de gando e ás 10.00 coa apertura da feira de artesanía. Durante a xornada matinal terá lugar o concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega (PURAGA), que puntúa para o Campionato galego, e o Concurso morfofuncional de poldros de Cabalo Marchador Galego.
A xornada de tarde arrancará ás 16.30 horas coa Carreira de andadura Cabalo Marchador Galego, en categoría serrada e chapeada, e posteriormente celebrarase unha xincana de xogos ecuestres.
Durante a fin de semana repartiranse máis de 3.500 euros en premios entre a feira e o resto das actividades que se organizan con gando cabalar, bovino ou caprino.
O deputado de Rural Daniel García e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida destacaron “o esforzo da Comisión para manter unha celebración que pon en valor a gandaría e as razas autóctonas” e valoraron o papel que “esta actividade ten na dinamización económica e social do rural e na conservación do territorio”.
Dende a organización agradeceron a colaboración da área provincial e sinalaron que se trata dunha “axuda fundamental para que este tipo de feiras, que promoven as razas autóctonas e como a artesanía galega, continúen existindo e medrando”.
Ademais das actividades no recinto feiral, o venres e o sábado celebraranse degustacións gratuítas de poldro de cabalo de Pura Raza Galega nos bares de San Miguel Cuplé, Vendaval, Rimar, Dulcería e Bodeguilla, unha iniciativa financiada por PURAGA. Tamén haberá actuacións musicais, o segundo trofeo San Rosendo de Fútbol, co partido entre Iberia CD e UD Pastoricense nas Valgas, e un torneo de billarda (no campo da festa).






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



