Gesnia Enerxía, empresa de enerxías renovables e sostibles, foi a encargada da súa instalación
San Tirso de Abres, 24 de febreiro, 2024. Este venres ás 18:00 horas tivo lugar a inauguración da iluminación solar do Paseo Fluvial do Eo en San Tirso de Abres. Con esta nova iluminación solar búscase rehabilitar e mellorar a contorna do río Eo.
Colocáronse 105 farois cunha distancia de seis metros entre si. Son farois volumétricas, eficientes energéticamente, contan con sensor de presenza e permiten unha iluminación constante evitando a contaminación lumínica.
O alcalde, Clemente Martínez indicou “Es una dotación muy interesante y atractiva para los santirseños/as porque hasta ahora en cuanto empezaba a anochecer, el paseo era un lugar muy oscuro al no tener viviendas cerca. A partir de ahora esto va a cambiar. Además es un alumbrado que fue totalmente subvencionado, que no le costó nada al ayuntamiento. Por otra parte, es totalmente solar y no está conectado a la red. Es una tecnología muy moderna que además utiliza sensores de forma que, mientras no hay gente paseando, la intensidad es baja. En el momento que detecta un paseante, la intensidad va aumentando progresivamente. Esto da a lugar a que se mantenga la iluminación durante toda la noche. Esperamos continuar la continuación del paseo hasta la piscina, cuando obtengamos otra subvención que estamos estudiando”
A instalación está financiada polo PRTR dentro do marco de Next- Generation, cun importe de adxudicación de 12724,96€.
A empresa encargada da realización da obra e do proxecto é Gesnia Enerxía SL, empresa de enerxías renovables e sostibles, líder nacional en iluminación solar e que asegura que “su departamento de ingeniería y diseño está trabajando para desarrollar los mejores equipos en iluminación solar, dado el alto éxito que estamos teniendo en los últimos tiempos”.
Esta empresa está centrada profundamente en reducir emisións, camiñando cara a un futuro sostible, algo no que tamén se comprometen desde o concello de San Tirso de Abres.























Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



