A Mariña, 8 de febreiro, 2024. As asociacións abaixo firmantes decimos #StopALCOA
Non é de recibo continuar agrandando o pasivo ambiental que deixa Alcoa en San Cibrao, polo que esiximos o peche definitivo da empresa e a restauración ambiental inmediata da balsa de lodos tóxicos.
A planta de alúmina-aluminio de San Cibrao deixa atrás unha gran entulleira de lodos tóxicos e corrosivos ao descuberto: unha balsa de 87 hectáreas de superficie e 42 hectómetros cúbicos de capacidade practicamente desbordada e cuxa vida útil debera finalizar xa.
Non obstante, prevese unha nova ampliación ata os 110 metros de altura, para seguir agrandando a “bomba de reloxería ambiental”, froito dunha clara irresponsabilidade política. Con un dique de 80 metros de altura e un quilómetro de lonxitude na súa coroación, atópase a apenas 60 metros dunha planta de acuicultura, a uns 200 dun núcleo habitado e a 450 metros do mar Cantábrico e de espazos protexidos da Rede Natura 2000. Ao enorme almacén de 80 metros de profundidade verteuse nos últimos tempos de actividade, cada día unhas 3.000 toneladas de residuos indisolubles procedentes do tratamento de bauxita con sosa cáustica, un produto alcalino cun elevado potencial corrosivo.
Por outra banda, as perdas anuais da fábrica estarían por enriba dos 100 millóns de dólares.
Unha rotura da balsa produciría consecuencias nefastas e irreparables para o medio ambiente, a Rede Natura 2000, a saude humana e dos ecosistemas e o Mar Cantábrico, con especial afectación á Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Mariña Occidental.
Sería a catástrofe química máis grave do país, que nos recorda ao desastre de Hungría de 2010, ou o de Mariana en Brasil no 2015 xa que a balsa é un perigo latente no que unha tonelada de aluminio, no proceso bauxita alúmina-aluminio dá lugar a tres toneladas de lodos vermellos compostos por produtos químicos con efectos tóxicos para os humanos e os ecosistemas, como é o óxido de aluminio, o silicato sódico, o silicato alúmino-cálcico, o dióxido de titanio ou o hidróxido de sodio, con un alto valor de Ph e que produce queimaduras químicas. A balsa de lodos tóxicos de San Cibrao acada catorce veces máis residuos que a que causou a catástrofe química de Ajka, en Hungría. Tamén cómpre lembrar o desastre da rotura da balsa de pirita de Aznalcóllar que contaminou o Guadiamar e chegou ás portas de Doñana.
Non se pode continuar agrandando un dos maiores problemas ambientais que ten arestora Galicia. Por outra banda, o Plan de emerxencia, no que non se garantiu na súa elaboración unha participación pública eficaz e efectiva, minimiza os impactos ambientais e sobre a saúde humana e dos ecosistemas e é “papel mollado”, porque non impide en modo algún a ameaza do que sería o maior desastre ambiental da historia de Galicia, de España e de Europa, no caso de rotura da balsa. O mantemento da balsa de lodos tóxicos vulnera a normativa europea relativa á protección do medio ambiente e os principios de prevención e cautela cando está en xogo a sáude humana e dos ecosistemas.
Este modelo de grande industria de enclave, globalizado e contaminante é obsoleto e manifestamente insostible, como se deu a demostar nas catro décadas da súa existencia. Baseado ademais no despilfarro de consumo de enerxía como industria “electrointensiva”, e á que se lle pretende “lavar a cara” a través da proxección de varios macroparques eólicos pola xeografía lucense e galega que na realidade suporía por engadido unha amplitude do seu impacto ambiental polo territorio ao que nos opoñemos frontalmente.
Polo tanto, urxe pechar unha fábrica inviable desde o punto de vista económico, enerxético e ambiental e acometer sen demora, un plan de restauración integral da balsa de lodos tóxicos, con cargo aos fondos da propia empresa, así como a búsqueda dunha alternativa aos postos de emprego da dita industria que se debeu prever e levar a cabo xa hai moito tempo, no canto de subvencionala e por engadido con fondos públicos como sucedeu e de xeito insostible e despilfarrador dende hai uns anos ata agora.
Firmantes:
Ecoloxistas en Acción Galiza, “Atlántica e Verde” (ecoloxistasenaccion.org)
Petón do Lobo
Salvemos Monteferro
Cova Crea
A Ría non se Vende





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



