O programa compleméntase cun coloquio, unha proxección e o concerto didáctico de Tropupelear
Lugo, 4 de marzo de 2024. A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo levará a cabo mañá, martes 5 de febreiro, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a presentación do libro de actas ‘Camiño de Santiago e Emigración. Homenaxe a “Andrea López Chao”’. O acto, que comezará ás 20 horas, contará coa presenza da deputada de Cultura Iria Castro e do doutor en Estudos Culturais e coordinador das actas das Xornadas do peregrino Abrindo Camiño Daniel Vázquez.
Este acto recoñece o traballo da mestra mindoniense Andrea López Chao emigrada a Cuba onde desenvolveu, a comezos do século pasado, unha labor pioneira na defensa do dereito á saúde e á educación das mulleres. Durante todo o acto estará presente a música de Tropupelear con Branca Villares e Pablo Pintor.
Esta presentación continuará co coloquio “Muller e familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu” e a proxección do teaser “O Poder de Educar: Andrea López Chao”, no que participarán a directora do documental Violeta Ramos, a doutora en psicoloxía na Universidade da Habana e bisneta de Andrea, Patricia Arés Muzio; o cronista de Mondoñedo Antonio Reigosa e Daniel Vázquez. Tamén se levará a cabo a presentación da páxina web https://opoderdeeducar.es/ na que se recompila o traballo realizado sobre a figura de López.
Vázquez detallou que esta actividade busca dar a coñecer a imaxe de Andrea López, “cúmbrense 150 anos dende o seu nacemento e a súa labor ao chegar a Cuba foi esencial para as mulleres galegas, dando acceso ao sistema sanitario sen importar a súa condición. Andrea foi un referente feminista, en educación, igualdade e migración, e o seu esforzo sentou as bases sociais para as emigrantes galegas en Cuba”.
Andrea López Chao
Nada en Mondoñedo en 1874, Andrea López Chao emigrou a Cuba en 1904 despois de gañar por oposición a praza de directora do Plantel Educativo do Centro Galego da Habana. Foi a primeira muller Vicepresidenta da Sociedade “Hijas de Galicia” e como representante deste colectivo, que chegou a perto de sesenta mil asociadas, participou no “I Congreso de Mulleres de Cuba” celebrado en 1923.
Participou na creación en 1917 da Sociedade “Hijas de Galicia” para axudar, acoller e asistir sanitariamente as mulleres galegas emigradas en risco de exclusión social e para elo impulsa en 1924 a creación do Hospital e posteriormente do Balneario de “Hijas de Galicia- Concepción Arenal”.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



