A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria dunha nova edición desta iniciativa que desde a súa creación no 2021 “tivo unha gran acollida e supón un revulsivo importante para a actividade social e económica a través da promoción do territorio”
Lugo, 15 de marzo de 2024. A Deputación de Lugo ofrecerá este ano preto de 2.000 novas prazas no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. A Voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, explicou que a Xunta de Goberno aprobou este venres a convocatoria dunha nova edición desta iniciativa, dirixida a entidades asociativas sen ánimo de lucro de calquera dos 67 concellos lucenses.
“Reeditamos polo tanto este programa, que desde a súa creación hai xa tres anos tivo unha gran acollida e supón un revulsivo importante para a actividade social e económica da nosa provincia a través da promoción do territorio”, valorou García Porto, quen sinalou, que desde setembro do 2021, máis de 8.000 participantes de 358 asociacións xeraron un retorno económico estimado de máis de medio millón de euros.
Nesta tempada do 2024, cada excursión incluirá como en anos anteriores o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, menú de xantar e entradas e visitas ós diferentes lugares de interese. Con cada grupo irá en todo momento un guía acompañante. As visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ó público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.
As solicitudes para participar poderán formularse durante un prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.
Estradas provinciais
A Xunta de Goberno aprobou un investimento de preto de 350.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Paradela e do Saviñao.
En Paradela, acordouse licitar, por un importe superior ós 90.000€, as obras para acondicionar outro tramo da estrada LU-P-4202, que é a que vai a Aldosende por Santalla. En concreto, os traballos afectarán ao treito que vai do punto quilométrico 3,520 ao 5,000; terán un prazo de execución de 2 meses; e consistirán na apertura das cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a reposición da sinalización horizontal e vertical.
A Deputación xa investiu recentemente 96.800€ na mellora doutro tramo desta mesma estrada, entre os puntos quilométricos 17,2 e 21,9.
No Saviñao, a Xunta de Goberno aprobou a licitación, por un importe de máis de 250.000€, das obras para acondicionar outro treito da estrada LU-P-3202, que comunica Monforte e Currelos. Uns traballos que se acometerán no treito que vai do punto quilométrico 11,067 ao 24,436. Terán un prazo de execución de 4 meses e consistirán na apertura das cunetas, a reparación do firme e a repavimentación.
Este proxecto súmase aos 600.000€ que a institución provincial xa leva investido no acondicionamento desta estrada. En concreto, traballou no conxunto da vía con tarefas de limpeza de cunetas, drenaxe e substitución da sinalización vertical; botou aglomerado en quente entre o quilómetro 0 e o 0,455 e do 0,770 ao 3,070; e acometeu a limpeza de cunetas e o estendido de aglomerado en quente no tramo que vai do quilómetro 6,9 ao 10,4.
Cesión do contrato para a construción do CAM da Pobra do Brollón
Cumprindo co que anunciou o Presidente da Deputación o pasado martes, a Xunta de Goberno autorizou este venres a cesión do contrato de construción do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón á empresa Construcciones Castro Figueiró SLU por un importe de case 2,2M€.
Pilar García Porto lembrou que esta nova empresa adxudicataria estará en disposición de iniciar as obras na segunda quincena do mes de abril e con este procedemento, a institución provincial consigue acurtar moito os tempos, pois os traballos poden comezar sen necesidade dunha nova licitación.
Agora, a nova adxudicataria, unha vez recibida a comunicación do acordo da Xunta de Goberno, terá un prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación correspondente e, tras asinarse a acta de replanteo, as obras poderán comezar na segunda quincena de abril.
Actualización do padrón municipal
A Xunta de Goberno acordou ademais solicitar un novo investimento de 1,2M€ de fondos europeos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, neste caso, para seguir avanzando na transformación dixital coa modernización dos sistemas do padrón municipal.
En concreto, tal e como explicou a Voceira socialista do Goberno, estes fondos que a Deputación solicitará ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, servirán para “a revisión en profundidade da información que o Instituto Nacional de Estadística ten en cada concello sobre os habitantes empadroados e as súas vivendas. Desta forma, ao finalizar o proxecto, o INE contará cunha información depurada, contrastada, veraz e actualizada en relación aos habitantes de cada municipio e a súa residencia”.
O Presidente da Deputación remitiu a semana pasada unha carta aos 67 alcaldes e alcaldesas da provincia ofrecéndolles a posibilidade de beneficiarse desta nova iniciativa, que impulsa a institución provincial para “continuar mellorando o funcionamento dos propios concellos e prestar así un mellor servizo público aos veciños e veciñas”, asegurou a Deputada.
Casa da veciñanza de Roupar
Outro dos asuntos acordados pola Xunta de Goberno deste venres foi a sinatura dun convenio de colaboración a través do que a Deputación aporta preto de 25.000€ ao Concello de Xermade para financiar os gastos derivados da reformulación do proxecto da Casa da Veciñanza de Roupar.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



