Lugo, 11 de marzo de 2024. A deputada de Cultura Iria Castro convidou aos centros de ensino a participar na III edicón do Certame Escolar de Ilustración, convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no marco do programa IlustrarNÓS, que pretende fomentar a creatividade e contribuír ao coñecemento das artes e artistas gráficos entre as xeracións máis novas.
A convocatoria diríxese a alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos, que deberán realizar ilustracións arredor da temática “festa”, representando graficamente vivencias, reflexións ou emocións relacionadas con celebracións e conmemoracións.
Iria Castro explicou que “a participación no certame se articula a través dos centros educativos que xa dispoñen das bases e fichas de inscrición” e lembrou que “na última edición se presentaron ao certame máis de 250 traballos, confirmando que se trata dunha iniciativa que permite traballar a expresión artística nas aulas e achegar ao alumnado a artistas referenciais neste ámbito como o propio Chichi Campos, a quen se dedicou este ano o Día da Ilustración”.
Os traballos remitiranse ao enderezo certame.ilustrarnos@gmail.com, a través dos centros educativos, ata o 6 de maio. Un xurado composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, da edición, da ilustración e da docencia valorará as obras, tendo en conta aspectos como a relación da ilustración co tema proposto, a orixinalidade e creatividade na interpretación do tema ou a técnica e composición.
As autoras e autores das mellores ilustracións de cada categoría recibirán como como premio unha tablet con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica etc.).
Máis actividades
O certame escolar forma parte do programa IlustrarNÓS que se puxo en marcha o pasado 30 de xaneiro, Día da Ilustración, dedicado a Chichi Campos, e que inclúe outras actividades cos centros educativos como obradoiros de creación dun fanzine en aulas de primaria, charlas a cargo da ilustradora lucense Rebeca Losada en institutos ou a realización de murais homenaxe a Chichi Campos e Castelao en espazos educativos























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



