Lugo, 11 de marzo de 2024. O vindeiro domingo 17 de marzo, continuando co programa que leva por nome “As montañas gardiás da nosa historia”, ADEGA-Lugo organiza un roteiro polas turbeiras do Xistral. O percorrido é lineal duns 11 Km e dificultade media, e teremos o privilexio de contar con Xabier Pontevedra Pombal, e Rafael Carballeira, expertos coñecedores das turbeiras.
O autobús deixaranos no alto de Chao do Lamoso, camiñaremos o cordal central da Serra do Xistral onde se desenvolve o núcleo principal das turbeiras de cobertor. A disposición da serra permitirá observar cara o oeste ata a depresión de As Pontes, cara o este ata a costa cantábrica, cara o sur a depresión da Terra Chá e cara o norte a costa de Viveiro. Poderemos ver usos e abusos do territorio e os dous grandes dominios litolóxicos e as súas paisaxes asociadas. Despois baixaremos polo val do río Pedrido e poderemos falar sobre regulación hídrica e impactos, así como das paisaxes glaciares do Xistral. Visitaremos unha turbeira elevada e remataremos en Veiga do Tremoal, unha turbeira minerotrófica de alveolo granítico mesturada con queirogal húmido atlántico, onde tamén poderemos debater sobre impactos vellos e novos. Neste punto recolleranos o autobús para o regreso.
As condicións meteorolóxicas do Xistral son algo impredecibles así que, en caso necesario, axustarase a actividade.
O autobús sairá ás 9h dende Lugo, e estará de volta ás 19h (o horario de regreso pode variar).
Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
Prezo xeral: 22€
Socios/as de ADEGA: 15€
Estudantes ou en paro: 17€
ata 14 anos: 6€.
O prezo inclúe o autobús e seguro de accidentes.
Para participar é necesario inscribirse antes do venres 15 ás 13h a través do formulario de reserva da bitácora dos roteiros (https://roteirosadegalugo.wordpress.com/) ou chamando ao 982240299.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



