O concelleiro de Mocidade e Educación, Mario Pillado, sinala que, con esta actividade, a rapazada coñece “unha forma de expresión típica do país, mantendo viva a nosa cultura”
Burela, 11 de marzo de 2024. As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsan uns obradoiros de regueifa nos centros educativos do municipio, dirixidos tanto a alumnado de primaria como de secundaria.
A actividade xa tivo lugar no IES Monte Castelo e no CEIP Virxe do Carme, onde se repetirá os días 21 de marzo e 11 de abril respectivamente. Tamén se achegará a iniciativa ó IES Perdouro e ó CEIP Vista Alegre.
Os rapaces e as rapazas xa estiveron traballando nesta forma de expresión e improvisación cos seus mestres, para logo aprender en profundidade con Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre.
“É unha actividade que cremos moi positiva para a mocidade, posto que os rapaces aprenden sobre a nosa cultura, practican o noso idioma, melloran o seu léxico, desenvolven a creatividade, a improvisación, a inventiva e a expresiónn oral”, sinala o concelleiro Mario Pillado.
“Todo isto, mentres coñecen unha forma de expresión típica do país, mantendo viva a nosa cultura, que polo momento está a ter moi boa acollida nos centros, ós que agradecemos a súa total e enteira disposición a colaborar sempre”, engade.






















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



