A alcaldesa María Loureiro destaca que “formar parte desta rede serve para aumentar a proxección internacional da Semana Santa de Viveiro”, e agradece “o traballo da Xunta de Confrarías”
Viveiro, 11 de marzo de 2024. O segundo tenente de alcaldesa de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, participará nunha nova asemblea xeral da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, que terá lugar na localidade murciana de Lorca no día de mañá, martes 12 de marzo.
Participará tamén na reunión o presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga Golpe. A asemblea tratará diversas cuestións de cara á próxima celebración da Semana Santa este mes.
A orde do día da xuntanza inclúe a aprobación de solicitudes para a incorporación de novos socios e a entrega de distintivos aos mesmos, a coordinación do Comité Científico, a aprobación das contas do pasado ano 2023 e o cambio da Xunta Directiva, entre outros puntos.
A Rede Europea ten como obxectivo promocionar e difundir o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, relacionado coas celebracións da Semana Santa e Pascua a través de accións que poñan en valor este patrimonio e contribúan a salvagardarlo a través do traballo científico.
Viveiro forma parte desta rede xunto a Lorca e outros 19 membros, entre os que atopamos a Palermo e Caltanissetta en Italia, Birgu en Malta, Jelsa en Croacia e Skofja Loka en Eslovenia. Tamén atopamos nela a 3 municipios portugueses, ademais dun total de 13 españois.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que “formar parte desta rede serve para aumentar a proxección internacional da Semana Santa de Viveiro”, e agradece “o traballo da Xunta de Confrarías”.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



