Estas intervencións, que suporán un investimento por parte da Xunta de 4,7 M€, iniciaranse nos primeiros meses de ano cun prazo de execución de 15 meses
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024. A Xunta trasládalle ao Concello de Burela a proposta de convenio para executar a nova depuradora de augas residuais, que suporá un investimento de 8,7 M€.
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa, María del Carmen López, para abordar as intervencións necesarias para optimizar o sistema de saneamento do municipio.
Na reunión tratouse o financiamento deste proxecto que se concretará nun convenio de colaboración entre as administracións autonómica e local.
Segundo a proposta trasladada pola directora de Augas de Galicia á alcaldesa, o Goberno galego achegará o 95% do investimento para a execución da nova depuradora, que contará co cofinanciamento a través dos fondos europeos Feder, correspondéndolle ao Concello achegar o 5% restante.
As actuacións proxectadas por Augas de Galicia teñen como obxectivo solucionar as deficiencias detectadas na actual depuradora, que foi construída no ano 1999, e mellorar o funcionamento do sistema de saneamento local.
Deste xeito, executarase unha depuradora con novos sistemas de pretratamento, tratamento biolóxico e desinfección.
A solución adoptada consiste nun proceso de tratamento de lodos activos en modalidade de aireación prolongada, dispoñendo dun reactor biolóxico en forma de coroa circular ao redor dos decantadores secundarios, o que permite unha instalación máis compacta que reduce o espazo de implantación.
Estas obras para a mellora do saneamento de Burela completaranse coas do coletor xeral e a execución dunha estación de bombeo e pretratamento que recollerá a maior parte das augas residuais do municipio para impulsalas cara á futura nova depuradora.
Tamén se renovará a rede de colectores xerais para dirixir as augas residuais á nova estación de bombeo e construiranse colectores secundarios para dar servizo á zona portuaria, reducindo a infiltración de auga ao sistema na zona da fronte marítima.
Estas intervencións, que xa foron adxudicadas, supoñen un investimento adicional por parte da Xunta de 4,7 millóns de euros, tamén financiado con fondos europeos do programa Feder. A previsión é poder iniciar estes traballos nestes primeiros meses de ano, cun prazo de execución de 15 meses.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


